Acceso directo á nova.
Salvemos Monteferro
Nova 2761
EL FORO METROPOLITANO



Maio 2010 | O MUXO DO LAGARES

As agresións á Ría


O pasado día 12 de maio informaba Elena Ocampo no Faro de Vigo, con motivo da exposición no Museo do Mar, da expedición científica que, entre 1894 y 1906, fixo Albert Grimaldi, Príncipe Alberto I de Mónaco, xunto ao mellor equipo científico da época, para tratar de descubrir por que nas nosas costas de Galicia había unha abundante captura de sardiña, mentres no litoral da Bretaña francesa estaba escaseando tanto ese pequeno pescado azul que facía perigar a industria conserveira.

Preguntábanse naquel momento: Por que na Bretaña francesa, onde a sardiña era un dos principais sustentos, deixaron de pescarse grandes cantidades, si en Galicia seguían capturándose con normalidade? Esta parece que foi a primeira investigación realizada en Galicia desde un punto de vista da bioloxía mariña moderna, tomando datos oceanográficos (correntes, temperatura e salinidade) e a realización de entrevistas a industriais e mariñeiros, para encontrar unha explicación científica á escaseza de sardiña nas costas do Golfo de Biscaia.

Grimaldi documenta catrocentas fábricas: “Desde sempre, a sardiña enriquece o noroeste de España; actualmente viven dela 16.000 pescadores. Desde Baiona ata Viveiro, sostén 400 fábricas de salgadura e conservas", asegura na súa publicación.


E en referencia ao Berbés en Vigo, os científicos escriben asombrados:

"As chalupas cheas son remolcadas unha tras outra cara a fábrica na que se axita un ruidoso mundo de homes e mulleres, carrexadores, salgadores, curiosos e mendigos".

A reflexión que temos que facer agora é similar á que empuxou a Grimaldi a buscar respostas á escaseza de sardiña naquel entón. Desgraciadamente a pregunta, hoxe en día, ten que abarcar moito máis que a sardiña. Podémonos preguntar por que non hai camaróns, sollas, robalizas, cangrexos, ou mesmo miñocas na Xunqueira!

Debemos preocuparnos por pescudar se os modos de pesca actuais son os adecuados, se se respectan os ciclos biolóxicos das especies, se se coida o suficiente dos ecosistemas e dos medios naturais, e un largo etc. Mais non só pescudar, senón esixir medidas urxentes e efectivas a todos os implicados, coas Administracións responsables á cabeza.


Non son admisibles:




Queremos facer reflexionar ao lector sobre estes temas e que trate de contestar se a escaseza de peixe de outrora ou os problemas actuais son resultado dunha economía a curto prazo na que "todo vale se hai negocio".

Lexíslase en favor da economía do momento. Non se fai con criterios de preservación do medio natural, do imprescindible equilibrio, da sustentabilidade, das necesidades das xeracións futuras...


Os poderes económicos (empresarios, caixas, bancos, administracións, etc.) poñen en xogo todos os seus recursos e maquinaria para convencer á poboación de que as agresións ao medio van supor “melloras”, de que se “xerará emprego” e outras milongas.

Pero o medio natural, que nos soporta e mantén ten algún límite e non vai soportar todas as agresións ás que o someternos. A día de hoxe a pegada humana ten cobrado unha magnitude enorme e irreversible.

Os cidadáns deben comprender que as persoas e colectivos sensibilizados coa defensa do noso medio ambiente (A Ría Non Se Vende, Verdegaia, Greenpeace, Adega e un largo etc.) tratan de evitar tales agresións. Eles teñen unha visión clara dos efectos que no presente teñen provocado as agresións do pasado. Tratan de mobilizar unha conciencia social que, lamentablemente, non está á altura das ameazas.

A sociedade actual está instalada no conformismo, preocupada polo seu benestar, por unha política que non a incomode, por unha economía que non empeore, pero aínda de costas á realidade medio ambiental.

Por último achegamos unhas imaxes ao lector (seleccionadas desta web que recomendamos visitar) para facer reflexionar sobre como foron algúns dos recunchos da Ría, perdidos xa para sempre.



EL FORO METROPOLITANO, Maio 2010




Atrás
Nova Anterior Índice dos Recortes Nova Seguinte