Salvemos Monteferro
Noticias:
 
*
Benvido(a), Visitante. Entrar. Se non está rexistrado debe rexistrarse. 13 de Novembro de 2019, 01:36:04


Entrar co nome de usuario, contrasinal e duracion da sesion


Paxinas: [1]
  Imprimar  
Autor Tema: As nosas rías  (Lido 3532 veces)
Blanik
Socios
Novato
*
Mensaxes: 16


« en: 25 de Febreiro de 2008, 13:26:31 »

   As nosas rías, a maior fonte de riqueza do país están ameazadas.

   Os ataques que se veñen producindo contra a ría de Vigo en concreto, están explicados suficientemente nas páxinas desta web: http://www.salvemosmonteferro.org/gz/nova070130.html. Recheos, contaminación por verteduras industriais e fecais, proliferación de empresas na franxa costeira, piscifactorías, etc, etc.

   Unha fonte de riqueza tan repartida entre a poboación galega non é ben recibida pola clase capitalista, que se non pode apoderarse dela, prefire destruíla e que non sexa de ninguén.

   Recheos e recheos, conseguir terreos gratis no centro das cidades máis importantes, logo vendelos facendo un gran negocio. Non importa que sexa sobre bancos de marisco, destruindo postos de traballo, non importa cambiar a hidrodinámica das rías, producindo uns efectos que ninguén coñece, porque ninguén os estudou, porque os estudos de impacto ambiental non son máis que papel mollado.

   Abrir Vigo ao mar, termo acuñado por Abel Caballero (creo recordar) e que se debe referir á construción de enormes edificios ao carón do mar que impiden a visión da ría aos vigueses, como o centro comercial A Laxe, ou o futuro auditorio. Máis ben trátase de ter que acudir a estes lugares para poder ver o mar...

   Si non facemos nada, si seguimos calando e mirando para o noso peto, si o centro do Universo e o noso ombligo, si como pobo machacado e resignado que somos, entendemos que non hai nada que facer, que sempre foi así, que non se pode loitar contra o poder, entón non haberá remedio e se rematará con todo en pocuo tempo, pero esta asociación, Salvemos Monteferro e moitas outras, cada vez máis han demostrado e demostran que e posible cambiar as cousas, que todos temos que respetar as leis, eles tamén e nos temos que ser os gardas de que as cumplan.

   Non te agaches, érguete.
En liña
laura
Novato
*
Mensaxes: 4


« Resposta #1 en: 18 de Outubro de 2008, 17:24:08 »

Ola a todos:

A verdade e que este novo "centro comercial" se lle pode chamar asi... non gusta nada. A parte de que Vigo estase a convertir e todo un lugar cheo de centros comerciais, este e o que colma o vaso.
Ahí tiña  que estar? en medio y medio? que queren que dende ali se poda ve-lo mar mentres realizas unhas compras de vertigo? Non iso non se fai Enojado, o mar xa se podia ver antes e moi ben que se estaba asi. Dicir ademais de que a sua imaxe é horrorosa, que e un monstruo e que a imaxe agora do porto pois a verdade non mellorou e ainda por riba as expectativas que se tiñan con ese centro comercial non chegaron a cumplirse, porque se pensaba que haberia moitas mais visitas por parte dos turistas.............e a súa suposta forma de "barco" non sei se significa un barco abstracto porque eu non o miro por ningures..

O que temos de fermoso, estan acabando con el, a cantos lle gustaria poder ter o que nós temos... e nós non o valoramos, polo menos os que se dignaron a levar a cabo ese proxecto,só se pensa no diñeiro, a min dame pena, por non dicir vergoña.
En liña
Blanik
Socios
Novato
*
Mensaxes: 16


« Resposta #2 en: 20 de Outubro de 2008, 01:49:32 »

Ola:

A min faime graza o argumento esgrimido pola autoridade portuaria de Vigo para xustificar os recheos que vén facendo e que non teñen fin. Necesítase espazo para o crecemento do Porto de Vigo.

Primeiro, ordenemos o porto. Vigo é o único porto de España que carece dun Plan de Usos do Porto, como é preceptivo por lei, e partindo desta base, calquera actuación sobre o mesmo carece de base legal.

Segundo, aclaremos cales son as empresas que necesariamente teñen que ocupar terreos portuarios, porque non creo que as oficinas da zona franca, situadas no recheo de Bouzas, necesiten esa localización. A lista de empresas que non teñen porqué ocupar terreos portuarios, sería enorme.

Primeiro fagamos que esas empresas se recoloquen e logo reorganicemos eses terreos.
A "desculpa" ademais é totalmente falsa. Só hai que picar neste link da Autoridade Portuaria de Vigo: http://www.apvigo.es/control.php?sph=a_iap=1339%%p_rpp=1 e ver o "proxecto beiramar" e o que queren facer alí. Desde salas de cine, galerias multiuso, piscina olímpica, planetario, pista de xeo, área de restauración, supermercado, xardín botánico, word trade center, etc, etc. Está justidicado gañarlle espazo ao mar para emprender estas actuacións? Eu creo que non. No porto, só debe estar o que non pode estar noutro sitio.

Realmente é un negocio redondo. Trátase de gañar metros cadrados gratis no centro da cidade. Algo mellor que gratis, porque aos camións que envorcan nos recheos, a autoridade portuaria cóbralles, logo os metros que gaña producen beneficio, logo eses metros pasan a ser centros comerciais, hoteis, restaurantes, planetarios, etc, etc e volven cobrar, mentres nos queren convencer de que están "abrindo Vigo ao mar" e da necesidade de emprender estás actuacións.
Xa é hora de abrir os ollos.

Saúdos.
« ultima modificacion: 20 de Outubro de 2008, 01:52:28 por Blanik » En liña
Paxinas: [1]
  Imprimar  
 
Ir a:  

Powered by MySQL Powered by PHP Powered by SMF 1.1.15 | SMF © 2006, Simple Machines Traducido ao Galego, por Salvemos Monteferro

XHTML 1.0 valido! CSS valido! Dilber MC Theme by HarzeM