Encontro paralelo á reunion dos ministros de pesca da Unión Europea Ante a reunión que manterán en Vigo os ministros de pesca da UE os días 4 e 5 de maio, os grupos integrados na rede de colectivos A RIA NON SE VENDE / GALIZA NON SE VENDE pensamos que, na alarmante situación actual, cómpre facer visibles á sociedade os enormes problemas e a ignorada catástrofe que os sistemas de pesca industrial están causando nos océanos, xunto á problemática situación do litoral galego, especialmente nas rías e o sector extractivo.Por este grave motivo, ARNSV/GNSV organiza un encontro paralelo á reunión ministerial con distintos grupos ecoloxistas de Galicia, do resto do Estado e das máis importantes organizacións internacionais, entre as que se contan Greenpeace, Ecoloxistas en Acción, WWF Adena, Océana, Marcha Mundial das Mulleres, Amarante, Altermundo e outras, así como confrarías de pesca e representantes do sector marisqueiro locais.
O encontro terá lugar entre o 27 de abril e o último día da reunión ministerial, o 5 de maio. Nel trataranse os problemas que se expoñen no documento de convocatoria que podedes ler noutra entrada desta mesma sección (
http://www.salvemosmonteferro.org/gz/cumiopesca.php#pesca), e constará dos actos e accións que se detallan no programa.
As conclusións do encontro serán recollidas nun Documento
que será entregado ós/ás participantes na reunión ministerial.
PROGRAMAMartes 27, 19:30h :“Impactos da Pesca de Altura ” Verdegaia
LUGAR: Federación de Asociacións de Veciños Eduardo Chao,
Praza da Princesa n° 7, 2° andar.
Mércores 28, 19:30h:“A pesca de baixura: Da dorna aos trasmaIIos".Confraría de Pescadores de Cangas
LUGAR: Federación de Asociacións de Veciños Eduardo Chao,
Praza da Princesa n° 7, 2° andar.
Xoves 29, 20:30h:“Contribución das mulleres na pervivencia do ecosistema mariño e nos oficios do mar”Marcha Mundial das Mulleres /Alicia Rodríguez Pérez, mariscadora de Moaña
LUGAR: Caixagalicia. Policarpo Sanz 21.
Venres 30/ 20:30:“ Depuración e saneamento na ría: A legalidade e loitas veciñais” ARNSV
LUGAR: AVV. Coruxo (Antiga Estación de Coruxo).
Luns 3/19:30h:“O Plano acuícola: Unha aposta das grandes empresas” Manoel Santos, Altermundo.
LUGAR:Federación de Asociacións de Veciños Eduardo
Chao, Praza da Princesa n° 7, 2° andar.
Martes 4/19:30h:Mesa redonda. “A pesca a debate: Impactos e perspectivas”Ecoloxistas en Acción, WWF-Adena, Greenpeace,
Confraría Mar de Lira, Verdegaia,
A Ria Non se Vende, Galiza Non se Vende.
LUGAR:Federación de Asociacións de Veciños Eduardo
Chao, Praza da Princesa n° 7, 2° andar.
Organiza: A RIA NON SE VENDE