Salvemos Monteferro
Noticias:
 
*
Benvido(a), Visitante. Entrar. Se non está rexistrado debe rexistrarse. 21 de Setembro de 2019, 09:07:59


Entrar co nome de usuario, contrasinal e duracion da sesion


Paxinas: [1]
  Imprimar  
Autor Tema: Encontro paralelo á reunion dos ministros de pesca da Unión Europea  (Lido 3542 veces)
Xose
Moderador
Novato
*****
Mensaxes: 26


Email
« en: 27 de Abril de 2010, 05:51:26 »

Encontro paralelo á reunion dos ministros de pesca da Unión Europea

Ante a reunión que manterán en Vigo os ministros de pesca da UE os días 4 e 5 de maio, os grupos integrados na rede de colectivos A RIA NON SE VENDE / GALIZA NON SE VENDE pensamos que, na alarmante situación actual, cómpre facer visibles á sociedade os enormes problemas e a ignorada catástrofe que os sistemas de pesca industrial están causando nos océanos, xunto á problemática  situación do litoral galego, especialmente nas rías e o sector extractivo.

Por este grave motivo, ARNSV/GNSV organiza un encontro paralelo á reunión ministerial con distintos grupos ecoloxistas de Galicia, do resto do Estado e das máis importantes organizacións internacionais, entre as que se contan Greenpeace, Ecoloxistas en Acción, WWF Adena, Océana, Marcha Mundial das Mulleres, Amarante, Altermundo e outras, así como confrarías de pesca e representantes do sector marisqueiro locais.

O encontro terá lugar entre o 27 de abril e o último día da reunión ministerial, o 5 de maio. Nel trataranse os problemas que se expoñen no documento de convocatoria que podedes ler noutra entrada desta mesma sección (http://www.salvemosmonteferro.org/gz/cumiopesca.php#pesca), e constará dos actos e accións que se detallan no programa.

As conclusións do encontro serán recollidas nun Documento
que será entregado ós/ás participantes na reunión ministerial.

PROGRAMA

Martes 27, 19:30h :
“Impactos da Pesca de Altura ”
Verdegaia
LUGAR: Federación de Asociacións de Veciños Eduardo Chao,
Praza da Princesa n° 7, 2° andar.

Mércores 28, 19:30h:
“A pesca de baixura: Da dorna aos trasmaIIos".
Confraría de Pescadores de Cangas
LUGAR: Federación de Asociacións de Veciños Eduardo Chao,
Praza da Princesa n° 7, 2° andar.

Xoves 29, 20:30h:
“Contribución das mulleres na pervivencia do ecosistema mariño e nos oficios do mar”Marcha Mundial das Mulleres /Alicia Rodríguez Pérez, mariscadora de Moaña
LUGAR: Caixagalicia. Policarpo Sanz 21.

Venres 30/ 20:30:
“ Depuración e saneamento na ría: A legalidade e loitas veciñais” ARNSV
LUGAR: AVV. Coruxo (Antiga Estación de Coruxo).

Luns 3/19:30h:
“O Plano acuícola: Unha aposta das grandes empresas”
Manoel Santos, Altermundo.
LUGAR:Federación de Asociacións de Veciños Eduardo
Chao, Praza da Princesa n° 7, 2° andar.

Martes 4/19:30h:
Mesa redonda. “A pesca a debate: Impactos e perspectivas”
Ecoloxistas en Acción, WWF-Adena, Greenpeace,
Confraría Mar de Lira, Verdegaia,
A Ria Non se Vende, Galiza Non se Vende.
LUGAR:Federación de Asociacións de Veciños Eduardo
Chao, Praza da Princesa n° 7, 2° andar.

Organiza: A RIA NON SE VENDE
« ultima modificacion: 01 de Maio de 2010, 02:38:18 por Xose » En liña
Paxinas: [1]
  Imprimar  
 
Ir a:  

Powered by MySQL Powered by PHP Powered by SMF 1.1.15 | SMF © 2006, Simple Machines Traducido ao Galego, por Salvemos Monteferro

XHTML 1.0 valido! CSS valido! Dilber MC Theme by HarzeM