Salvemos Monteferro
Noticias:
 
*
Benvido(a), Visitante. Entrar. Se non está rexistrado debe rexistrarse. 13 de Novembro de 2019, 01:34:06


Entrar co nome de usuario, contrasinal e duracion da sesion


Paxinas: [1]
  Imprimar  
Autor Tema: Manifestación 17 de Febreiro de 2008  (Lido 3282 veces)
Blanik
Socios
Novato
*
Mensaxes: 16


« en: 18 de Febreiro de 2008, 14:07:10 »

Ola a todos:

Teño o pracer de iniciar este foro o que é toda unha honra para min.
   Onte estiven en Santiago de Compostela. Creo que a manifestación convocada por Galiza non se vende foi todo un éxito. Moi pocas cousas (aparte do futbol) poden mover en Galicia a tan alto número de persoas, as estimacións menos optimistas, cífranas en 5.000.

   Onte atopámonos xente de moi diversas zonas do país que sufrimos en carnes propias os abusos combinados do capital e os políticos, para deixar de calar e dicir que non queremos isto, que entendemos a nosa terra doutra forma e que imos loitar por iso, sexan quen sexan os que teñamos enfronte, sen violencia, con diálogo e sentido común.
   Non queremos que o país se regale ás empresas máis ricas, que ademais subvencionamos logo pagando a Xunta un sobreprezo nos seus produtos en forma de rodaballo ou Quilovatio ou varitas de pescada.
   Non queremos que se abandone o campo, os montes, a pesca litoral, porque a contaminación e a sobreexplotación acaban con ela.
   Queremos que os nosos dirixentes se ocupen do que é de todos, que invistan o noso diñeiro niso e que non utilicen os nosos impostos para axudar ás grandes empresas galegas ou extranxeiras.
   Queremos redes ferroviarias que axuden a solucionar o grave problema do transporte en galicia. O transporte en vehículos propios non ten futuro, hai que deixarse de autovías faraónicas e pensar en clave de futuro, porque este país necesita un futuro. Queremos que o futuro o marque o sentido común e non a conta corriente.

   Nós non herdamos a terra dos nosos pais, tomámola prestada dos nosos fillos e como todo préstamo, hai que devolvelo con intereses. Temos a obriga de deixar aos nosos fillos algo mellor do que herdamos dos nosos pais.

   Loitemos por iso. Só quedamos nós. Levantemos a cabeza e hagámosnos escoitar.

Goberne quen goberna, Galiza non se vende
« ultima modificacion: 18 de Febreiro de 2008, 14:12:26 por Blanik » En liña
Paxinas: [1]
  Imprimar  
 
Ir a:  

Powered by MySQL Powered by PHP Powered by SMF 1.1.15 | SMF © 2006, Simple Machines Traducido ao Galego, por Salvemos Monteferro

XHTML 1.0 valido! CSS valido! Dilber MC Theme by HarzeM