Salvemos Monteferro
Noticias:
 
*
Benvido(a), Visitante. Entrar. Se non está rexistrado debe rexistrarse. 18 de Febreiro de 2019, 13:05:48


Entrar co nome de usuario, contrasinal e duracion da sesion


Paxinas: [1]
  Imprimar  
Autor Tema: 30 veciñ@s de Nigrán condenados a catro meses de cárcere  (Lido 2939 veces)
Xose
Moderador
Novato
*****
Mensaxes: 26


Email
« en: 03 de Abril de 2009, 03:10:04 »

NOTA DE PRENSA DE SALVEMOS MONTEFERRO

30 veciñ@s de Nigrán
condenados a catro meses de cárcere


30 persoas, todas elas veciñas de Nigrán, foron condenadas este mércores a catro meses de cárcere e ao pago de 350 euros de responsabilidade civil segundo sentencia do xulgado nº 8 de Vigo, do que é maxistrado-xuíz D. Ventura Pérez Mariño.
Consideráselles “coautores culpables” dun delito de desordes públicos cometido o día 2 de xuño de 2006, cando unhas 700 persoas impediron a celebración dun Pleno municipal que pretendía aprobar inicialmente o PXOM de Nigrán, un plan que foi posteriormente retirado.
http://www.salvemosmonteferro.org/prensa/recorte77.html

A sentencia é firme, pois é consecuencia dun acordo asinado polos 30 imputados que aceptaron a condena renunciando a recurrila.
 
As razóns que levaron a estas 30 persoas a chegar a este acordo estriban fundamentalmente na ameaza que pesaba sobre algúns dos imputados de ser condenados por delito de atentado, con penas superiores aos dous anos, polo que poderían ter que ingresar en prisión. A actitude unánime e solidaria de todas as persoas imputadas levounas a aceptar a pena agora imposta, pois unha das condicións do acordo era que a totalidade dos encausados aceptaran a sentencia.
 
As probas fundamentais que se aportaron consistían en fotografías onde podía verse a estas persoas no lugar dos feitos, pero algunhas delas non aparecían en ningunha das fotos realizando ningún acto punible: simplemente estaban alí.
 
Nese sentido chama a atención o apartado 7 do que a sentencia considera feitos probados: “En todos los hechos descritos en este escrito si bien no se puede determinar la autoría concreta de cada uno de los acusados ya que eran varios centenares de personas las congregadas en la zona, en todo caso en este grupo se encontraban los acusados”.  (Sic)
 
Para entender o alcance deste parágrafo cómpre lembrar que o proceso se iniciou por unha denuncia do anterior goberno municipal, presidido por Alfredo Rodríguez Millares, que foi quen acusou a estas persoas de entre os centos que aparecen nas fotografías. Entre os agora condenad@s cóntanse varios presidentes/as de asociacións veciñais, un concelleiro do goberno municipal actual e a nai do que hoxe é alcalde da vila, entón na oposición.  (Tamén están entre eles seis compañeiros e compañeiras de Salvemos Monteferro)
 
Cómpre tamén lembrar que no mesmo xulgado segue aberta unha causa na que está imputado o ex alcalde Rodríguez Millares (e outros compañeiros seus naquel goberno de triste memoria para Nigrán) polas irregularidades e posibles delitos cometidos na tramitación do retirado PXOM, que foron os verdadeiros provocadores responsables dos feitos daquel día. Seguiremos agardando. http://www.salvemosmonteferro.org/prensa/recorte146.html
 
A pesar de tódolos pesares, nós seguimos sentíndonos orgullosos daquela revolta que impediu a aprobación dun plan contrario aos intereses da cidadanía e con el a consumación dunha inxustiza. Uns danos de calibre moi superior a uns poucos cristais rotos.
SALVEMOS MONTEFERRO


« ultima modificacion: 02 de Marzo de 2010, 06:10:13 por Xose » En liña
Paxinas: [1]
  Imprimar  
 
Ir a:  

Powered by MySQL Powered by PHP Powered by SMF 1.1.15 | SMF © 2006, Simple Machines Traducido ao Galego, por Salvemos Monteferro

XHTML 1.0 valido! CSS valido! Dilber MC Theme by HarzeM