Salvemos Monteferro
Noticias:
 
*
Benvido(a), Visitante. Entrar. Se non está rexistrado debe rexistrarse. 15 de Decembro de 2019, 15:15:57


Entrar co nome de usuario, contrasinal e duracion da sesion


Paxinas: [1]
  Imprimar  
Autor Tema: Domingo 13 de xullo: 3º Roteiro contra do desdobramento do corredor do Morrazo  (Lido 1347 veces)
monteferro
Administrador
Usuario Ir
*****
Mensaxes: 62


Email
« en: 07 de Xullo de 2014, 11:55:06 »

(Montes de Domaio)

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo organiza o domingo 13 de xullo o terceiro roteiro contra do desdobramento en autovía do corredor de alta capacidade do Morrazo.

O percorrido cuxo trazado será circular, sairá ás 11 da mañá diante da capela de San Bieito en Domaio (Moaña), tendo prevista a volta ao mesmo lugar ás 13:30 h. Pasará polo núcleo rural da Costa, área de lecer de O Souto, sendeiro do rego e muíños da Freixa, A Devesa, paso, ponte das Meáns, Chan do Porco, sendeiro do rego da Miñouba, Poza da Moura, muíños da Maquina e de José María, paso elevado, Pedra do Navío, núcleo rural de Os Carballiños e Picouto do Gando, camiño do Prado, ponte e muíño do Rial, camiños do Soutiño e O Barquiño, Cruceiro do Carballo do Raposo, até chegar de novo diante da capela.

O percorrido coincidirá grande parte co sendeiro municipal de curto percorrido dos regos da Freixa e da Miñouba.

Para chegar ao punto de saída hai que coller a estrada PO-551 até o núcleo urbano da parroquia de Domaio, onde ao chegar ao paso peoníl con semáforos para coller (á esquerda si se ven desde Moaña ou á dereita si se ven da AP-9 de Rande ou da N-550 de Vilaboa) a estrada EP-1103 San Bieito-Verdeal no desvío existente entre a sucursal de Abanca e o bar Tropicana. A capela de San Bieito está á beira da EP-1103 a uns 500 metros da PO-551.

Pregamos ás persoas que vaian participar no roteiro a máxima puntualidade para sairmos na hora marcada e en previsión de haber un día solleiro e malia que o percorrido vai ser na súa maioría por camiños entre o arborado aconsellamos levar gorra, vestimenta lixeira e de trote, envase para auga e crema para a pel.

Por responsabilidade, ética e polo reducido tamaño do aparcadoiro diante da capela e arredores emprazamos a todas aquelas persoas que se acheguen en vehículo privado que traten de compartilo até enchelo.

« ultima modificacion: 08 de Xullo de 2014, 11:21:36 por monteferro » En liña
Paxinas: [1]
  Imprimar  
 
Ir a:  

Powered by MySQL Powered by PHP Powered by SMF 1.1.15 | SMF © 2006, Simple Machines Traducido ao Galego, por Salvemos Monteferro

XHTML 1.0 valido! CSS valido! Dilber MC Theme by HarzeM