Titulo: Encontro paralelo á reunion dos ministros de pesca da Unión Europea Publicado por: Xose en 27 de Abril de 2010, 05:51:26 Encontro paralelo á reunion dos ministros de pesca da Unión Europea
Ante a reunión que manterán en Vigo os ministros de pesca da UE os días 4 e 5 de maio, os grupos integrados na rede de colectivos A RIA NON SE VENDE / GALIZA NON SE VENDE pensamos que, na alarmante situación actual, cómpre facer visibles á sociedade os enormes problemas e a ignorada catástrofe que os sistemas de pesca industrial están causando nos océanos, xunto á problemática situación do litoral galego, especialmente nas rías e o sector extractivo. Por este grave motivo, ARNSV/GNSV organiza un encontro paralelo á reunión ministerial con distintos grupos ecoloxistas de Galicia, do resto do Estado e das máis importantes organizacións internacionais, entre as que se contan Greenpeace, Ecoloxistas en Acción, WWF Adena, Océana, Marcha Mundial das Mulleres, Amarante, Altermundo e outras, así como confrarías de pesca e representantes do sector marisqueiro locais. O encontro terá lugar entre o 27 de abril e o último día da reunión ministerial, o 5 de maio. Nel trataranse os problemas que se expoñen no documento de convocatoria que podedes ler noutra entrada desta mesma sección (http://www.salvemosmonteferro.org/gz/cumiopesca.php#pesca), e constará dos actos e accións que se detallan no programa. As conclusións do encontro serán recollidas nun Documento que será entregado ós/ás participantes na reunión ministerial. PROGRAMA Martes 27, 19:30h : “Impactos da Pesca de Altura ” Verdegaia LUGAR: Federación de Asociacións de Veciños Eduardo Chao, Praza da Princesa n° 7, 2° andar. Mércores 28, 19:30h: “A pesca de baixura: Da dorna aos trasmaIIos". Confraría de Pescadores de Cangas LUGAR: Federación de Asociacións de Veciños Eduardo Chao, Praza da Princesa n° 7, 2° andar. Xoves 29, 20:30h: “Contribución das mulleres na pervivencia do ecosistema mariño e nos oficios do mar”Marcha Mundial das Mulleres /Alicia Rodríguez Pérez, mariscadora de Moaña LUGAR: Caixagalicia. Policarpo Sanz 21. Venres 30/ 20:30: “ Depuración e saneamento na ría: A legalidade e loitas veciñais” ARNSV LUGAR: AVV. Coruxo (Antiga Estación de Coruxo). Luns 3/19:30h: “O Plano acuícola: Unha aposta das grandes empresas” Manoel Santos, Altermundo. LUGAR:Federación de Asociacións de Veciños Eduardo Chao, Praza da Princesa n° 7, 2° andar. Martes 4/19:30h: Mesa redonda. “A pesca a debate: Impactos e perspectivas” Ecoloxistas en Acción, WWF-Adena, Greenpeace, Confraría Mar de Lira, Verdegaia, A Ria Non se Vende, Galiza Non se Vende. LUGAR:Federación de Asociacións de Veciños Eduardo Chao, Praza da Princesa n° 7, 2° andar. Organiza: A RIA NON SE VENDE |