Acceso directo á nova.
Salvemos Monteferro
Nova 986


La Voz de Galicia

GALICIA


Renfe considera inviable un servizo de proximidade en Galicia


10/10/2008 | G. B.


O presidente de Renfe, José Salgueiro, anunciou onte, en resposta a unha pregunta do deputado do PP Celso Delgado, que conta cun estudo de viabilidade sobre a creación dun servizo de proximidade en Galicia que practicamente descarta a súa posta en marcha. Durante a súa comparecencia, Salgueiro afirmou que «as estimacións de demanda» para os posibles servizos na contorna das principais cidades de Galicia «non alcanzan o volume de viaxes que rexistran os actuais núcleos de proximidade de baixa intensidade». Como consecuencia, explicou que «a cobertura estimada de gastos por ingresos para o conxunto dos servizos estudados en Galicia quedaría por baixo do 8%, o que representa unha necesidade de achegas de equilibrio que superarían os 50 millóns de euros anuais».

Delgado lamentou que o Goberno non teña vontade de axilizar a posta en marcha dun servizo cuxa necesidade «está máis que demostrada nas dúas grandes áreas metropolitanas de Galicia e que permitiría a miles de galegos poder desprazarse diariamente de forma segura e cómoda».




Atrás
Nova Anterior Índice dos Recortes Nova Seguinte