Acceso directo á nova.
Salvemos Monteferro
Nova 968


La Voz de Galicia

GALICIA


Un patrimonio oculto en Baiona


28/09/2008 | Alejandro Martínez


O Club Espeleológico Maúxo pon en valor as galerías drenantes do Val Miñor, construídas no século XIX polos veciños para abastecerse de auga e regar o campo

A galería do Ulleiriño é unha das mellor construídas e conservadas, xa que ten máis de cen metros de longo, entre Fontes e San Antón

Forman parte dun patrimonio descoñecido e pouco estudado pero xogaron un papel decisivo no pasado para o desenvolvemento agrícola da comarca e a supervivencia dos seus habitantes. Son as galerías drenantes, ou minas de auga, como llas coñece en Galicia. Os nosos antepasados construíronas a pico e a pa para garantir a auga para o seu consumo e para os regadíos en épocas de escaseza de choivas.

«Fouse fasendo pouco a pouco, un día un pouco, outro día outro pouco, outro día nada, un mes algo, outro mes nada, picando e picando e cunha caixa ir sacando ou cascallo patrás», ejemplifica Carmen , unha anciá de Sabarís, referíndose á Mina dos Ferreiros, en Morade.

A Confederación Hidrográfica do Norte ha inventariado un total de 207 en todo o país, e a maioría atópanse en Galicia, especialmente nas provincias de Pontevedra e Ourense.

No Val Miñor hai 19, das que dez están en Baiona, sete en Gondomar e dúas en Nigrán. Un estudo do Departamento de Xeografía da Universitad de Valencia permitiu agora arroxar un pouco máis de luz sobre estas conducións subterráneas. O libro centrouse especialmente na mina do Ulleiriño, de Baiona, grazas á colaboración do Club Espeleológico Maúxo e foi presentado na Expo de Zaragoza.

A mina atópase nunha leira privada do monte de Baiona de Fora, sobre o barrio de San Antón. A súa lonxitude é de 107 metros e penétrase ata o linde coa veciña parroquia de Bahíña, nas proximidades de Fontes. Foi construída na segunda metade do século XIX para o abastecemento humbano e, a xuízo dos especialistas do Club Maúxo, «é unha das máis esmeradas e representativas do bo saber popular á hora de construír estas infraestruturas». O informe refírese á necesidade de fomentar o coidado desta e do resto das galerías existentes no Concello, que serán incluídas dentro do PXOM.

Desde 1895

O valor cultural do Ulleiriño non se basea só na súa antigüidade. Terminouse de construír no ano 1895 e é un magnífico exemplo da moderna minería da auga en Galicia. O estudo conclúe que, pola súa localización nun municipio de excelencia turística, posúe tamén unha gran importancia social e pedagóxica.




Atrás
Nova Anterior Índice dos Recortes Nova Seguinte