Acceso directo á nova.
Salvemos Monteferro
Nova 966


La Voz de Galicia

GALICIA


A vertedura da Foz continuaba onte pola tarde


26/09/2008 | La Voz


Augas residuais continuaban onte saíndo desde unha tubaxe que está situada baixo a ponte que dá acceso ao cámping da praia Ladeira. Uns usuarios do paseo marítimo deron o mércores pola tarde a voz de alarma e, un día despois, o problema non se solucionou. A mancha esbrancuxada era aínda maior, aseguraron unhas testemuñas.

As verteduras ao estuario do Miñor é un dos principais problemas de contaminación existentes na comarca e están provocados polos fallos na rede de saneamento ou polas vivendas que non están conectadas á mesma.

A foz é unha reserva natural incluída dentro da Red Natura 2000 e contén unha das reservas de aves migratorias máis importantes do sur de Galicia.




Atrás
Nova Anterior Índice dos Recortes Nova Seguinte