Acceso directo á nova.
Salvemos Monteferro
Nova 959


La Voz de Galicia

GALICIA


O paseo litoral entre Vigo e A Guarda non require a derriba de casas nin empresas


19/09/2008 | María Jesús Fuente


Política Territorial ten en marcha actuacións en 111 quilómetros, o que supón o 62% do Plan Íntegra O ANTES E O DESPUÉS DA ESTRADA HUMANIZACIóNS

O paseo litoral que discorrerá entre Vigo e A Ramallosa con prolongación ata Baiona e A Guarda non require recorrer a expropiacións nin, xa que logo, derrubar vivendas nin empresas nos seus cincuenta quilómetros de percorrido. Asegurouno onte a conselleira de Política Territorial, María José Caride, tras lanzar unha mensaxe tranquilizador a todos aqueles cidadáns que temían polas súas propiedades. A obra do denominado Plan Íntegra só afectará a muros de peche e, como moito, a algún garaxe. Ademais, estudaranse de forma detallada todas as alegacións.

Pola contra, o beneficio xeral será considerable tendo en conta que se poderá pasear ou circular en bicicleta por unha zona totalmente inaccesible para os peóns na actualidade.

Caride volveu confirmar que a Xunta eliminará a circunvalación interior de Gondomar do Plan Íntegra. A pesar de ser de competencia municipal, a Consellería intentou desenvolvela debido á súa importancia para a área metropolitana e ao alto custo. Agora será o propio Concello o que deberá definir as alternativas para o tráfico en Gondomar. Só na estrada Vigo-Ramallosa a invesión da Xunta será de 30 millóns de euros.

Sobre as reclamacións dalgúns veciños contra este proxecto, en opinión de María José Caride debe prevalecer o interese xeral de todos os cidadáns.

No que se refire ao Morrazo, a Consellería xa estuda solucións para as circunvalacións de Cangas e Moaña e para a conversión en autovía do corredor. O seu desdobramento non se pode abordar sen dispor das variantes de Cangas e Moaña que permitan unha alternativa ao tráfico.

Outra actuación en marcha é o estudo para conectar a nova autovía Vigo-O Porriño coa avenida de Madrid, o viario da Universidade, o novo hospital e o segundo cinto.

A construción desta nova autovía é considerada pola Xunta unha actuación imprescindible para desviar o tráfico de Mos e conseguir a humanización deste municipio, ata agora tan castigado.



TITULO

Texto




Atrás
Nova Anterior Índice dos Recortes Nova Seguinte