Acceso directo á nova.
Salvemos Monteferro
Nova 958


La Voz de Galicia

GALICIA


Vilaza consegue cos seus 600 habitantes o respaldo de 2.700 persoas á súa reclamación contra o Vigo Íntegra


18/09/2008 | Alejandro Martínez


Os representantes presentaron onte as alegacións en Gondomar

Vilaza ten 600 habitantes censados, pero a asociación de veciños e as comunidades de montes e de augas desta parroquia de Gondomar conseguiu preto de 1.500 reclamacións e a firma de 2.734 persoas á alegación colectiva que presentaron ao proxecto Vigo Íntegra.

Toda a poboación oponse ao plan viario e conseguiron ademais o apoio de persoas que viven fóra e que tamén se solidarizan coa súa loita contra os viarios previstos polo goberno autonómico. Vilaza é a parroquia máis afectada pola previsión de novas infraestruturas. A autovía e a avenida de circunvalación que foron deseñadas atravesan unha gran cantidade de propiedades desta localidade. A primeira arrasaría 45 casas dos barrios de Areiña, Vendas, Seoane, Carrasquedo, Río e Rochela, mentres que se se chegase a facer a circunvalación, serían 12 vivendas de Iglesia , Portelo, Fontela, Vilarés e Areíña.

O Pazo de Pampillón, do século XVII, a escola unitaria Antía Cal ou a Residencia de Anciáns Vila do Conde serían outros inmobles afectados, segundo sinalaron os portavoces veciñais.

Un día antes

Os representantes entregaron onte no rexistro xeral do Concello de Gondomar todas as alegacións. Fixérono finalmente un día antes de finalizar o prazo estipulado pola Xunta de Galicia.




Atrás
Nova Anterior Índice dos Recortes Nova Seguinte