Acceso directo á nova.
Salvemos Monteferro
Nova 894


La Voz de Galicia

GALICIA


O gasto de auga por persoa incrementouse un 2,5% nos fogares galegos

19/07/2008 | Noelia M. Cagiao


Os fogares galegos consomen cada vez máis auga. Segundo os datos que publicou onte o Instituto Nacional de Estatística (INE), o gasto diario por habitante aumentou en catro litros -de 155 pasou a 159-, é dicir, un 2,5%. No total de España, con todo, utilizouse un 3,6% menos de auga, aínda que a media sitúase por encima, con 160 litros.

As autonomías que máis auga gastaron foron Cantabria (201 litros) e a Comunidade Valenciana (185), mentres que as máis aforradoras foron esta vez Navarra (128) e País Vasco (129).

O documento feito público polo INE tamén dá conta dos prezos da auga nas diferentes comunidades e establece a súa media nos 1,08 euros por metro cúbico, o que indica unha subida do 5,9% respecto ao prezo que tiña no ano 2005.

Máis cara no sur

En cuestión de prezos, Galicia é, xunto con Cantabria, a comunidade onde o prezo da auga é menor (0,71 euros por m3). Os máis altos localízanse no sur do país. En Canarias págase o metro cúbico a 1,74 euros, en Baleares a 1,61 e en Murcia a 1,53.

Do volume total de auga controlada e distribuída a través do servizo público galego, o 69,8% destínase aos fogares, o 18,3% a instalacións dos diferentes sectores produtivos, o 7,2% aos consumos dos servizos municipais e o 4,7% corresponde a gastos doutra natureza.




Atrás
Nova Anterior Índice dor Recortes Nova Seguinte