Acceso directo á nova.
Salvemos Monteferro
Nova 880


La Voz de Galicia

GALICIA


A folga dos empregados de Geseco deixa sen recoller máis de 40 toneladas de lixo en Gondomar

08/07/2008 | M.T.


Os residuos empezaron a acumularse onte no centro urbano

Máis de corenta toneladas de lixo na rúa e ningún encontro programado aínda para solucionar o conflito.

Ése é, a día de hoxe, o balance da folga que, con carácter indefinido iniciaron onte os traballadores de Geseco en Gondomar. Os operarios, segundo explicou o seu delegado sindical, de CC.OO, reclaman un incremento salarial e a actualización do IPC do último ano. Os traballadores sinalan que a empresa mantén que nos últimos anos incrementáronse moito os gastos e que non lles chega o diñeiro que achegan as arcas municipais. Os sete operarios concentráronse onte diante do Concello desde as seis da mañá ata a unha da tarde para protestar pola súa situación, portando unha pancarta que recollía as súas reivindicacións, co lema, «por un convenio xusto». Consideran que son a empresa e o Concello quen teñen que tratar a concesión pero que non deben cargar neles a súa falta de novos acordos.

O persoal mantén os servizos mínimos, segundo confirmou onte o sindicato, polo que si se recolle o lixo que se xera pola actividade da praza de abastos, o centro de saúde, o xeriátrico e a galescola.

Afirman que manterán a folga, polo menos, ata que non senten a negociar coa empresa e quem ata entón, ademais das concentracións diarias, tamén establecerán quendas rotativas para evitar que se puidese contratar a outras persoas para realizar o servizo.

En Nigrán, os empregados de Cespa, anunciaron unha folga similar desde o vindeiro luns.




Atrás
Nova Anterior Índice dor Recortes Nova Seguinte