Acceso directo á nova.
Salvemos Monteferro
Nova 870


La Voz de Galicia

GALICIA


O botellón de Panxón arrasou nunha noite un ano de recuperación dunar

26/06/2008 | Alejandro Martínez


Os inspectores da bandeira azul detectaron medio centenar de fogueiras furtivas en toda a franxa costeira


Os danos colaterais das festas de San Juan son máis que palpables. O informe realizado pola Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor confirma que durante a madrugada do martes «quedou esnaquizado o oitenta por cento da zona dunar recuperada no areal». «Danouse todo o traballo dun ano, afectando a plantas e especies dunares», explicou o vicepresidente da entidade, José Palacios.

Membros desta asociación que ten potestade sobre as bandeiras azuis inspeccionaron a zona antes e logo dos festexos, para avaliar o seu impacto ambiental. Palacios felicitou e agradeceu o labor realizado polo goberno local, «que primeiro cumpriu co compromiso de retirar da area todos os vehículos e atraccións dos festexos». «O Concello está facendo un importante esforzo, e o resultado da inspección realizada este ano é mellor que a do anterior, aínda así, «aínda hai problemas e vemos que aínda hai gentuza que está por encima do ben e do mal», afirmou.

O representante da entidade concesionaria dos distintivos de calidade ás praias sinalou que se danaron postes do valado do espazo dunar, seriamente afectado e, da quinta fase deste proxecto de rexeneración que lles valeu unha mención especial nun certame nacional, así como tamén se levantaron pasarelas que se levantaron para queimalas».

O informe de Adeac evidencia ademais que, a pesar de que o Concello e a entidade acordaron «unha soa fogueira controlada en Panxón, localizáronse moitas furtivas na contorna e que poderían chegar ao medio centenar». O goberno local repetiu ademais por megafonía en reiteradas ocasións durante a noite a prohibición de realizar calquera outra fogueira no espazo.

José Palacios avanzou que «imos esixir que esta desfeita non se volva a producir nunha zona de sensibilidade medio ambiental que tardou un ano en recuperarse e que, de súpeto, desaparece nunha soa noite».

Desde Adeac adiantouse que «imos colaborar co municipio para conseguir que se prohiban as fogueiras en praias con bandeira azul, en Nigrán e en todos os demais municipios, porque é unha agresión ambiental».




Atrás
Nova Anterior Índice dor Recortes Nova Seguinte