Acceso directo á nova.
Salvemos Monteferro
Nova 853


La Voz de Galicia

GALICIA


Coruxo protestará o domingo contra a nova depuradora, no medio do fedor da actual

12/06/2008 | La Voz


Colectivos da parroquia de Coruxo convocan unha manifestación para o mediodía do domingo en protesta pola instalación dunha nova depuradora na mesma localización que a actual.

Esixen que cumpra as normas ambientais e denuncian que incumpre o Ramín (Regulamento de actividades molestas, insalubres e perigosas), así como a lei de Costas.

Entre os colectivos que apoian a protesta figuran centros de ensino, a comisión veciñal de afectados e tamén se sumou a asociación de veciños da parroquia.

Os convocantes recordan que veñen padecendo as consecuencias da estación depuradora actual e que non só non se solucionaron os problemas desta, senón que as administracións responden coa construción dunha nova planta no mesmo lugar.

Onte mesmo, os cheiros nas inmediacións eran de novo insoportables, como sucede cada ano na época estival con motivo da chegada da calor.

Realojos

Os malos cheiros das instalacións obrigaron aos gobernos municipais a aloxar aos veciños das inmediacións en hoteis da cidade en varias ocasións. Ao mesmo tempo os sucesivos responsables do Concello encargaron innumerables informes e estudos, que finalmente serviron de moi pouco.

Agora os afectados non queren que se volva a repetir a mesma historia, máxime cando se desvelou que o terreo destinado á nova depuradora é de xeito evidente insuficiente.

A manifestación do domingo é o preludio dunha serie de protestas que se sucederían se os convocantes non reciben explicacións e unha resposta adecuada por parte dos políticos. Hoxe teñen previsto explicar máis detalles da situación no instituto de ensino secundario Carrasqueira.




Atrás
Nova Anterior Índice dor Recortes Nova Seguinte