Acceso directo á nova.
Salvemos Monteferro
Nova 830


La Voz de Galicia

GALICIA


A Xunta prevé uns ingresos de 15 millóns polo canon hidroeléctrico

13/05/2008 | Miguel A. Rodriguez


A taxa entrará en vigor no ano 2009, aínda que o Goberno non garante que sexa antes das eleccións

Catro empresas pagaránpor os 34 encoros que almacenan máis dun millón de metros cúbicos de auga



O conselleiro de Economía, José Ramón Fernández Antonio , ten finalizado o proxecto de lei do novo canon hidroeléctrico, a taxa que gravará a actividade dos encoros. A Xunta quere que entre en vigor no ano 2009, antes ata de que o Goberno central pacte coas comunidades o novo marco tributario que ampliará as competencias normativas das autonomías para profundar na denominada fiscalidade verde, unha ferramenta que Galicia pretende utilizar.

As primeiras estimacións indican que o canon hidroeléctrico achegará uns ingresos de entre 10 e 15 millóns de euros, procedentes das catro empresas que explotan os 34 encoros afectados por esta nova norma: Iberdrola, Unión Fenosa, Endesa e Ferroatlántica. Entre as catro controlan en Galicia presas hidráulicas capaces de xerar case 3.500 megawatts de electricidade, algo máis do que produce na actualidade o sector eólico, a outra gran fonte de enerxía renovable autonómica. Outras 85 minicentrais hidráulicas de menos de dez quilowatts, que xeran en conxunto 167 megawatts, quedarán exentas de pagar o canon, aínda que tres delas estarían no límite da tributación.

Galicia é a segunda xeradora hidroeléctrica de España. Pero os seus encoros empregan a menos de 500 persoas e a riqueza da súa explotación apenas queda na comunidade. Coa nova taxa, a Xunta quere reverter unha parte dos beneficios obtidos polo rendemento destas centrais. O conselleiro Fernández Antonio anunciou que destinará a recadación total do canon ao desenvolvemento sostible das poboacións afectadas polos encoros e tamén ao mantemento dos espazos naturais.

O proxecto de lei está xa redactado e será remitido en breve á comisión de secretarios da Xunta e ao Consello Económico e Social (CES), os dous pasos previos á súa aprobación no Consello da Xunta e á posterior remisión ao Parlamento.? O canon acelerarase para que entre en vigor en 2009. Pero o previsible adianto electoral (os comicios galegos de xuño poderían anticiparse para evitar a súa coincidencia coas eleccións europeas) fai que a súa aplicación antes do final da lexislatura sexa unha incógnita.


| EL EXPERTO |
Conciencia ambiental

X. A. ÁLVAREZ SALGADO |


VIGO é un caso excepcional de concentración de medios para a formación, I+D+i e divulgación das ciencias mariñas. Despois de 90 anos de investigación mariña en Vigo, o proxecto da Cidade do Mar bríndanos a oportunidade de ordenar e facer visible ese potencial. A aposta non é casual.




Atrás
Nova Anterior Índice dor Recortes Nova Seguinte