Acceso directo á nova.
Salvemos Monteferro
Nova 816


La Voz de Galicia

GALICIA


O gasoil do ADIF vertido en Ourense xa chegou ao río Miño

30/04/2008 | M. A.


A empresa Aquagest, que xestiona a depuradora, admite que detectou o combustible desde o venres

O BNG sospeita que a compañía pública encheu o tanque avariado a pesar de localizar a fuga



Vecinos da parroquia de Reza, onde está a depuradora de Ourense, usan máscaras debido ao forte cheiro a gasoil que hai na zona

Parte do gasoil vertido desde un tanque do ADIF (Administrador de Infraestruturas Ferroviarias) á rede de rede de sumidoiros de Ourense chegou ao río Miño. Así o asegurou onte o comisario de augas da Confederación Hidrográfica do Norte, Manuel Gutiérrez, que matizou que o combustible non está provocando un impacto ambiental importante.

«Evidentemente, o gasoil que non queda retido na depuradora vaise ao río nunhas proporcións bastante diluídas», dixo Gutiérrez. Técnicos da Consellería de Medio Ambiente e da propia Confederación están tomando mostras e buscando remansos do río onde se puido acumular o combustible, aínda que de momento non se atoparon restos de entidade. «Cos caudais de vertedura e a laminación e retirada deses hidrocarburos, que xa se produciu na propia planta depuradora, o residuo que chega ao río dá evidentemente cheiro, pero parece que non dá mostras ou acumulacións que se poidan apreciar visualmente», asegurou o comisario da Confederación Hidrográfica.

O plan de choque iniciado na depuradora de Reza, onde se freou a maior parte dos entre 50.000 e 55.000 litros de gasoil vertidos, está conseguindo que o combustible quede retido en lodos, se volatilice ou sirva de alimento para o cultivo de microorganismos. A pesar diso, «inevitablemente unha pequena parte sairá na auga tratada», explicou onte Luis Morón, xefe de produción de Aquagest, concesionaria do servizo.

Confusión nas datas

A pesar de que o concelleiro de Medio Ambiente, Demetrio Espinosa , responsable político das instalacións, dixo o luns que fora a mañá dese día cando se detectou o hidrocarburo na depuradora, Luis Morón recoñeceu onte que o combustible comezou a percibirse o venres. A partir dese momento, Aquagest realizou «continuas chamadas», asegura o técnico: á Policía Local, á Policía Autonómica e ao Seprona, ademais de presentar as correspondentes denuncias. Outra versión achegárona os ecoloxistas de Adega, que pediron a dimisión do edil Espinosa por considerar que coñecía os feitos o sábado e non tomou ningunha medida.

Con todo, o alcalde insistiu onte en que non souberon nada ata o luns pola mañá porque as forzas de seguridade non valoraron adecuadamente o problema. «Non hai que buscar ningunha cousa estraña. Simplemente, había un cheiro pero non atopábase unha dimensión que nos levara a pensar que sucedera un accidente como ou que sucedeu», dixo o rexedor socialista, Francisco Rodríguez. Anunciou, ademais, que estudará a forma de reclamar responsabilidades ao ADIF.

As reaccións non se fixeron esperar. O BNG pediu a comparecencia do presidente do ADIF no Senado para aclarar, entre outras cousas, as sospeitas do tenente de alcalde nacionalista, Alexandre Sánchez, quen dixo onte que recibiu noticias de que houbo unha fuga de 25.000 litros no tanque do ADIF e que a pesar diso volveuse a encher con outros 30.000, acabando todo na rede de sumidoiros. O PP anunciou a presentación de preguntas parlamentarias para aclarar os feitos.





Atrás
Nova Anterior Índice dor Recortes Nova Seguinte