Acceso directo á nova.
Salvemos Monteferro
Nova 784


La Voz de Galicia

GALICIA


Nigrán aproba o seu orzamento e rexeita o enlace da autoestrada co parque empresarial

02/04/2008 | La Voz


A corporación de Nigrán aprobou no pleno uns orzamentos para este ano valorados en 16 millóns de euros cos votos da coalición de goberno, PSOE-BNG. O programa económico contou co voto en contra dos dous edís de Unión Centrista de Nigrán, mentres que os cinco edís do PP optaron pola abstención.

A corporación tamén aprobou as contas do exercicio pasado grazas aos votos da oposición, dado que a coalición negouse a dar o seu voto favorable a un orzamento xestionado polos anteriores mandatarios que arroxou un resultado negativo de 1,6 millóns de euros.

Tamén foi aprobada unha proposta do BNG para mostrar o rexeitamento do pleno ao proxecto da Xunta para a conexión da autoestrada co parque empresarial de Porto do Molle.

A corporación demandará a Política Territorial o estudo doutras alternativas que non supoñan a perda dunha zona verde e que se sustente nun estudo integral de riscos de inundacións. Ao pleno tamén acudiron traballadores da policía local, que instalaron unha pancarta para reivindicar melloras laborais. UCN presentou unha moción para recuperar o servizo nocturno, que non prosperou.




Atrás
Nova Anterior Índice dor Recortes Nova Seguinte