Acceso directo á nova.
Salvemos Monteferro
Nova 748


La Voz de Galicia

GALICIA


«Esta consellería nin negocia nin pacta parques eólicos con ninguén»

06/03/2008 | Miguel A. Rodriguez


«Ningún recurso contra o decreto do sector será unha ferramenta para negociar; e os 2.325 megavatios en xogo van xerar 3.000 empregos e investimentos de 5.500 millóns»



A conta atrás do novo negocio do vento galego está a disparar a temperatura empresarial galega. A Xunta porá en marcha a vindeira semana o maior concurso eólico da súa historia e un dos maiores abertos en España. Os 2.325 megavatios en xogo suporán un investimento de 5.500 millóns de euros e a xeración de 3.000 postos de traballo directos. Ata agora, o 90% da facturación do vento galego rematou fora de Galicia, que xa é quinta potencia eólica mundial e o segundo maior produtor europeo despois de Alemaña. Co seu novo marco de xogo, Industria quere darlle a volta ao mapa, abrindo expectativas aos empresarios da comunidade e forzando a cada novo parque para que ceda unha parte do seu accionariado á Xunta. A meirande parte das fortunas galegas queren un anaco do pastel do vento. E as grandes multinacionais tamén. Calcúlase que a oferta multiplicará por dez os megavatios en xogo, superando de longo os 20.000. As operadoras tradicionais ameazaron cunha batalla xudicial contra o decreto de Industria. O pasado venres, logo de moitas conversas coa Xunta, a patronal declinaba asistir á vía xudicial. Pero 24 horas despois, Endesa desmarcábase do colectivo co primeiro preito contencioso. O titular galego de Industria avisa: «Non se admiten presións», sentencia Fernando Blanco.

-¿O recurso de Endesa racha o acordo acadado co sector?

-Esta empresa está no seu dereito, coma calquera outra, de recorrer aos tribunais. Pero un recurso non será nunca unha ferramenta para negociar coa Xunta. Esta consellería non negocia parques eólicos con ninguén. Aquí non hai pactos. Unha cousa é escoitar as demandas do sector e outra moi distinta pactar. O concurso público ten requisitos inalterables. Quen queira traballar, vai ter que facelo no marco xurídico que estableceu esta consellería. E punto.

-¿Cal é o escenario que contempla a Xunta?

-O mércores sacaremos a orde que abrirá o concurso. As empresas terán tres meses para presentar os seus proxectos, e a Xunta outros seis meses para contestar. É unha vontade desta consellería ter resolto o concurso no mes de setembro.

-Ao final case conseguen chegar á adxudicación sen reclamacións xudiciais...

-É que algúns lanzáronse a dicir que presentarían recursos, pero a realidade é que a medida que se achega a data do concurso público vai quedando claro que o novo marco regulador é axeitado e estable. Non lle teño ningún medo aos recursos. Pero agora non penso niso, senón na ordenación dun sector clave para a economía galega.

-¿Qué negocio vai acadar o sector eólico en Galicia?

-Vai ser precisa un investimento directo e asociado a propostas industriais próxima aos 5.500 millóns de euros. Será un impacto moi substancial na economía galega. Polo menos se crearán 3.000 novos postos de traballo directos. A pleno rendemento, este sector vai facturar por riba dos 3.000 millóns de euros ao ano. Trátase dun proxecto moi ambicioso para Galicia, e máis cando estamos a falar dun momento de certa desaceleración económica.



«É indubidable que haberá novos empresarios galegos no sector»

A entrada do empresariado galego no sector eólico é unha das teimas da Consellería de Industria. O feito de que os proxectos industriais que necesariamente terán que ir asociados ás peticións de novos parques de aeroxeradores podan estar vinculados a outros sectores que non garden relación co vento é considerado entre os operadores clásicos coma unha porta de entrada para industriais galegos dispostos a investir nas enerxías renovables. En España, case todas as grandes construtoras apostaron nos últimos dous anos, e de xeito especial co reponte da crise do ladrillo, por desviar fondos a este sector incipiente.

-Estase a dicir que un 50% dos megavatios en xogo poderían reservarse para os empresarios galegos. ¿É certa esta teoría?

-Eu son o conselleiro de Industria e estamos a falar dun concurso público. Só podo dicir que os mellores proxectos serán os que se leven os megavatios. Pero é indubidable que haberá novos empresarios galegos no sector. Estou convencido de que o que haberá é un problema de overbooking. E nós o que queremos é respectar as zonas Natura galegas e contar con proxectos industriais atractivos para o país, sexan ou non do sector eólico.

-¿Ten noticias das apostas industriais nas que están a traballar as distintas empresas que concorrerán ao concurso?

-Algunha delas pediron consultas á consellería e me constan e o que podo dicir é que haberá sorpresas e proxectos moi interesantes que se van coñecer moi pronto.

-¿Por que esta aposta pola enerxía eólica?

-O petróleo acábase e a enerxía e o uranio tamén. As enerxías renovables son a única aposta sensata de futuro. Poucos países poden dicir que produzan xa un 50% de enerxía que consumen, como lle ocorre a Galicia. E o noso obxectivo é chegar ata un 95%, xuntando o sector eólico co da enerxía solar e a biomasa. Ese é o noso reto.



La Xunta prohibirá los molinos marinos e impulsa proyectos de extracción de energía maremotriz

La Xunta no permitirá la instalación de parques eólicos en el mar, pese a que el Ministerio de Industria ha incluido a Galicia en el mapa de las áreas en las que las operadoras podrán solicitar espacios para explotar el viento desde el mar.

Fernando Blanco confirmó ayer que la apuesta de su departamento pasa por la extracción de energía maremotriz, aprovechando las corrientes marinas, para lo que se acotarán zonas en la costa. «Os muíños de vento afectarían ao turismo, o marisqueo e a pesca, por eso os rexeitamos», dijo. «Estamos a traballar en dous proxectos de enerxía maremotriz, e agardamos que as nosas empresas do naval cheguen a fabricar tecnoloxía de aproveitamento mariño», añadió.




Atrás
Nova Anterior Índice dor Recortes Nova Seguinte