Acceso directo a nova.Salvemos Monteferro
Nova 664
A NOSA TERRA

GALICIA

05/12/2007 | Esther Rodriguez


A desfeita do Centro interpretativo das Gándaras de Budiño


Construise con fondos europeos e está abandoado


Desde abril de 2002, no que rematou a súa construcción, o edificio do Centro de interpretación das Gándaras de Budiño só acumula destrozos e esquecemento. O Concello de O Porriño recoñece que non poden asumir a segunda fase.

Por un lado, un dos grandes humidais do interior galego. Por outro, fondos europeos. ¿Como relacionalos? ¿Aumentando a protección natural? Non, construindo un centro de interpretación da natureza. ¿Estudo de ubicación?: Dubidoso. ¿Previsión de futuro?: Nula.

Esos son os grandes rasgos que se agochan tras o edificio actualmente en ruínas que se rematou en abril do ano 2002, cun custo de 470.000 euros e co propósito de ser o Centro de interpretación da natureza das Gándaras de Budiño, en O Porriño. Totalmente abandoado e desfeito (a dous anos da súa construcción comezou a sufrir as primeiras agresións, con roubo de madeiras e roturas diversas, derivando no estado que se ve no Youtube adxunto), é unha “pataca quente” da que ninguén se ocupa.

Desde o Consistorio porriñés, a concelleira de Medio Ambiente recoñece que o futuro do centro é “bastante incerto e complicado”. Herdado do anterior Goberno, o investimento para a segunda fase do proxecto (dotación de equipos e persoal) é “inasumíbel” para as arcas municipais.

Desde a organización ecoloxista Verdegaia, critican que o pasado ano 2006, houbo un anuncio de elaboración dun proxecto de viabilidade entre Concello e Medio Ambiente, “do que nunca máis soubemos”.

Defectos de construcción

Según sinalan desde organizacións ecoloxistas e desde o propio Concello, o edificio non se construiu no emprazamento idóneo, ademais de presentar defectos constructivos. “Está ao pé da lagoa e, en inverno, asolágase até unha altura de 20 centímetros”, comenta Xian Nieto.

Proxecto de recuperación estatal

A área comprendida polas Gándaras de Budiño e as Ribeiras do Louro está sendo obxecto dun plan de recuperación por parte do Ministerio de Medio Ambiente a través da Confederación Hidrográfica, do que queda fóra o centro. Completado o proceso de declaración de impacto ambiental, podería materializarse en investimentos para recuperar o espazo natural no vindeiro ano 2008.




Atrás
Nova Anterior Índice dor Recortes Nova Seguinte