Desde o pasado 2 de decembro, data en que se abriu o período de exposición pública para presentar alegacións ao Plan Xeral de Ordenación Municipal de Baiona, ata o día 2 de febreiro en que finalizou o prazo de presentación rexistráronse nas oficinas municipais un total de 787 propostas de modificación ao PXOM. A maioría delas foron presentadas por particulares.
Durante este tempo os técnicos do departamento de Urbanismo atenderon máis dun milleiro acodes que se achegaron ao concello para interesarse por distintos aspectos do documento que rexerá o futuro urbanístico do municipio e sobre todo para coñecer se as súas leiras quedan incluídas dentro de núcleos urbanizables. En todos os casos a atención aos veciños prestou de forma individualizada.
Actualmente os técnicos municipais e o equipo redactor estudan cada unha as alegacións presentadas para incluílas no documento definitivo, ao que se achegarán os informes emitidos pola Consellería de Política Territorial Obras Públicas e Transporte, ademais dos achegados por organismos sectoriais, como poden ser Augas de Galicia ou Patrimonio, entre outros. Todo iso irá configurando o que será o futuro Plan Xeral de Ordenación de Baiona. O documento aínda experimentará outra fase de exposición pública
![]() |
![]() |
![]() |