Acceso directo á nova.
Salvemos Monteferro
Nova 1095


La Voz de Galicia

GALICIA


¿Carril bici? Si, pero con «sentidiño»


01/12/2008 | B. R. S.


Os opositores ao Plan Vigo Íntegra e os defensores do mesmo manifestáronse onte en Vigo con escaso éxito de público debido ás condicións meteorolóxicas.

Entre os que acudiron á protesta contra ol Vigo Íntegra había veciños de numerosos concellos limítrofes afectados polo plan

Con 5 graos de mínima, 9 de máxima e choiva xeada e intermitente en Vigo, calquera causa que supoña saír á rúa para apoiala pode baixar tanto os ánimos como o mercurio polo termómetro. Iso ocorreu onte coas dúas manifestacións convocadas. Unha, en contra do Plan Vigo Íntegra. A outra, a favor. Ningunha delas obtivo a resposta esperada, pero ambas as faccións, aínda que minguadas nos seus efectivos, defenderon as súas posicións.

Os que o tiñan peor foron os primeiros en saír. O colectivo de afeccionados á bicicleta A Golpe de Pedal, ademais de ser moitos menos, propuñan unha marcha de protesta en bicicleta desde Samil a Ramaiosa. Non chegaron nin a vinte, pero non por iso terían máis razón ou menos en apoiar o Plan Vigo Íntegra que os que o rexeitan. Cada un esgrime as súas razóns. Pero os que o rexeitan son moitos máis e aínda que onte non fosen fisicamente tantos, detrás están unha trintena de colectivos que baixo o lema O asfalto non é progreso , opinan que este proxecto para construír case 244 quilómetros de novas autovías asfaltando sete millóns de metros cadrados de territorio, non é un bo plan, senón unha idea funesta.

Con todo, os da Golpe de Pedal cren que ten partes positivas, porque que a estrada da costa que une Vigo con Baiona «é un viario degradado para o uso e goce cidadán que dá utilidade exclusivamente ao tráfico motorizado», mentres que o novo proxecto de ordenación dese viario inclúe a creación dun carril bici, o que, sen dúbida, é unha boa noticia para os ciclistas. O que para A Golpe de Pedal é «recuperar espazos naturais para peóns e ciclistas, favorecer o turismo de calidade e o lecer cidadán de Vigo e comarca», para os que se opoñen é «un modelo obsoleto de transporte que estimula a utilización do vehículo privado, xera máis comunicación e esquécese totalmente do transporte público, crea un gran impacto ambiental pola erosión do chan e a perda de masa forestal».

Os colectivos que se manifestan contra o plan din que non están en contra dun carril bici, senón «absolutamente a favor», pero como explicaba onte Xosé Reigosa, de Salvemos Monteferro, «non de calquera maneira. Hai que facelo con sentido e quitarlle sitio aos coches, non ás casas, e valorar outros perxuicios que inclúe o proxecto, non só que se poda ir en bicicleta desde Vigo a Ramaiosa». Para estes veciños da comarca viguesa, a ampliación de vías de alta capacidade, que afectarán a vivendas e expropiarán terreos privados, non solucionarán o problema do tráfico. «Non hai atascos nas estradas que xa temos. Os embudes créanse ao chegar a Vigo, que xa non pode absorber máis tráfico, e iso non se vai a arranxar ampliando a rede viaria», aducen. Salvemos Monteferro é só unha das trinta asociacións que se uniron para protestar porque o plan afecta a numerosos viarios, o que implica numerosos concellos e sensibilidades, desde afectados pola Ronda Vigo-Lavadores, Berra Val Miñor, Dunas de Nigrán, A Ría non se vende, plataformas Cidadá de Redondela, Defensa de Mos, Priegue Unido, Vive Gondomar, Sárdoma en Loita, Verdegaia, contra a Macrodepuradora, etc. A semana pasada empezaron a solicitar firmas e teñen xa máis de cinco mil. Para eles, a convocatoria, seguida por unhas mil persoas, foi un éxito: «Tendo en conta as condicións metereolóxicas, a valoración é positiva. Hai moita xente máis connosco que hoxe non está aquí. Ademáis, isto non é unha guerra de cifras», argumentan.



Setenta actuaciones sobre casi 250 kilómetros de vías

El plan viario Vigo Íntegra prevé una inversión de cerca de 2.000 millones de euros destinados a infraestructuras de comunicación entre la ciudad y su área de influencia, a través de 70 actuaciones sobre más de 240 kilómetros de vías. Entra las actuaciones destacan la construcción de las autovías A-57 (Vigo-Pontevedra), la del Morrazo, la de Vigo-Porriño o la ampliación del puente de Rande, la conexión de la autovía del Morrazo con la variante de Marín y de la A-52 con la Plataforma Industrial Logística de Salvaterra-As Neves, y la construcción de circunvalaciones de Cangas y Moaña.



Modelo obsoleto que se olvida del transporte público

«O Vigo Íntegra é un plano baseado nun modelo obsoleto de transporte que esquece totalmente o transporte público». Sus detractores critican que no haya una sola referencia a un carril bus para planes de movilidad colectiva. Tambiéb opinan que provocaría un enorme impacto ambiental, social, económico y arqueológico. Desde que se iniciaron las protestas, lo que ha cambiado ha sido poco: Promesas puntuales a algunos concellos, como Nigrán, que tendrá como arma defensiva su Plan Xeral.




Atrás
Nova Anterior Índice dos Recortes Nova Seguinte