Acceso directo á nova.
Salvemos Monteferro
Nova 1048


La Voz de Galicia

GALICIA


José Castro devolveu onte 50.000 euros aos comuneiros de Monteferro


12/11/2008 | A. M.


O expresidente da comunidade de montes de Monteferro, José Castro, tivo que devolver a esta entidade un total de 49.850 euros en cumprimento dunha sentenza xudicial.

O actual responsable dos comuneiros, Manuel Alejos, manifestou onte que esta cantidade obedece aos ingresos que o denunciado obtivo pola venda de madeira despois de que perdese o seu cargo. A pesar de que un fallo do xulgado do 99 amparaba á nova executiva de Manuel Alejos, José Castro renunciou a abandonar o cargo e continuou exercendo este cargo de xeito irregular durante tres anos máis. O xulgado número 8 de Vigo deu a razón á actual directiva e onte mesmo o antigo presidente dos comuneiros fixo efectivo o ingreso na conta bancaria da comunidade de montes.

Manuel Alejos informou onte que este capital será investido no acondicionamento do local social, que previamente terá que ser legalizado, posto que as obras que foron realizadas exceden a altura permitida e non se axustan ao proxecto aprobado nin ás normas subsidiarias.

Magosto

Por outra banda, a comunidade de montes de Monteferro celebrará o vindeiro sábado a partir das seis da tarde o tradicional magosto. As castañas asadas comezarán á servirse a partir das seis da tarde no recinto do local social. Haberá animación musical e invítase a toda a comunidade a participar nesta xornada festiva.




Atrás
Nova Anterior Índice dos Recortes Nova Seguinte