Acceso directo á nova.
Salvemos Monteferro
Nova 1039


La Voz de Galicia

GALICIA


A mancomunidade do Miñor solicita á Xunta un estudo sobre as verteduras ao estuario


08/11/2008 | La Voz


O pleno da mancomunidade aprobou onte unha proposta para solicitar á consellería de medio Ambiente un estudo sobre as posibles verteduras que poidan afectar ao sistema de funcionamento de depuradora de Gondomar. Os corporativos apostaron por aumentar o control sobre a Foz do Miñor xa que de producirse unha avaría os danos serían irreparables.

Os corporativos tamén aprobaron un incremento dun cinco por cento nos abonos da piscina da Ramallosa e un dez por cento nos cursos deportivos. Por outra banda, tamén quedou aprobada a concesión de axudas de 3.000 euros destinados a centros e entidades galegas no exterior para a realización de programas de carácter cultural ou accións formativas.

Outro dos puntos da orde do día tiña por obxecto habilitar unha oficina do consumidor para ofrecer este servizo de forma mancomunada. Unha proposta aprobada pola maioría dos presentes e que se fará efectiva cando o organismo supramunicipal conte con sede estable. Neste sentido o concello de Baiona mostrouse disposto a ceder, por un período de 8 anos, as oficinas que ocupa o Inem.




Atrás
Nova Anterior Índice dos Recortes Nova Seguinte