Acceso directo á nova.
Salvemos Monteferro
Nova 1004


La Voz de Galicia

GALICIA


A depuradora, que custará 234 millóns, recibe só cinco


21/10/2008


Aínda que Xunta e Concello anunciaron que este mes se asinaría o convenio que permitirá distribuír a carga de responsabilidades económicas das distintas administracións implicadas na construción da futura depuradora de Vigo, ata agora e desde onte só sábese que a Consellería de Medio Ambiente cubrirá o próximo ano cinco millóns de euros dos 234 millóns que custará a nova estación do Lagares. A Xunta deberá asumir o 42,2% da infraestrutura que o alcalde e o conselleiro de Medio Ambiente prometeron que estará funcionando plenamente no 2011.

Falta por realizar o proxecto construtivo da planta, expropiar os 60.000 metros cadrados que necesitará a maiores o complexo e crear o novo emisario submarino, e todo no prazo de tres anos para unha planta de preto de 39.000 millóns das antigas pesetas, que ten un prazo de execución de 18 meses, en lugar dos 32 inicialmente contemplados.




Atrás
Nova Anterior Índice dos Recortes Nova Seguinte