Acceso directo á nova.
Salvemos Monteferro
Nova 6229


La Voz de Galicia

GALICIA


Apicultores gallegos denuncian una «enorme desaparición de abellas» por los insecticidas


09/04/2014 | Redacción
   

Recuerdan que está prohibido el uso de simientes de maíz tratados con pesticidas desde diciembre del mes pasado


La desaparición de abejas en Galicia ha vuelto a constatarse
en el inicio de la primavera. marcos míguez

Las abejas siguen sin levantar cabeza y sin recuperarse del todo de sus múltiples amenazas. Si no es el parásito Nosema, que diezmó las colonias en todo el mundo, es la avispa asiática, que empieza su expansión en Galicia a costa de devorar a los himenópteros locales, mucho más pequeños. Y siempre persiste el peligro de los insecticidas. Este último agente químico parece ser la causa de la «enorme desaparición das abellas en Galicia» que se está registrando en este inicio de primavera.

Así al menos lo denunció ayer la Asociación Galega de Apicultura, que apunta claramente a los pesticidas como «responsables desta catástrofe», que está «provocando unha situación de indefensión total por parte do sector apícola e levando a moitos apicultores á ruína».

«Sementes tóxicas»

La asociación de apicultores recuerda que está prohibido el uso de simientes de maíz tratados con insecticidas desde diciembre del mes pasado, por lo que ruegan «encarecidamente aos labregos que non usen estas sementes tóxicas para as abellas, o medio ambiente e para a cadea alimentaria».

Los insecticidas vetados son clotiamidina, imidacloprid y tiametoxam, cuyo uso fue prohibido por la Unión Europa en una medida que entró en vigor en diciembre del pasado año. Este año también se prohibió la utilización de Fipromil, empleado en cultivos de maíz y girasol, aunque en este caso el veto no entrará en vigor hasta el próximo mes de diciembre.

La Asociación Galega de Apicultura explica que, pese a estos antecedentes, está «vendo agora mesmo como nos campos se están usando masivamente herbicidas para preparar as leiras para a sementeira do millo, o que significa un envenenamento masivo das nosas terras, o que sen dúbida pasará a cadea alimentaria».



A catástrofe das abellas deixa o noso papel en entredito

Xesús Asorey

Os abelleiros chegan onda nós chorando e a situación é xa catastrófica en Galicia porque a enorme desaparición das abellas alcanza de cheo a Ourense, a provincia onde se estaba desenvolvendo unha apicultura máis profesionalizada e, por tanto, de maior interese económico. A mortandade alcanza entre o 30 e o 40 % anual, con síntomas que apuntan aos insecticidas neurotóxicos como responsables. Certo que en zonas de Lugo, Pontevedra ou A Coruña, onde xa viñan desaparecendo as abellas, agora a mortandade é menor, pero porque moitos abelleiros desistiron de repoñer o que perderan.

Ante esta situación, o noso papel está totalmente en entredito porque, malia o importante esforzo que dende a Asociación Galega de Apicultura facemos para formar unha nova xeración de apicultoras e apicultores que mostran moita aceptación e interese, a situación do sector é de indefensión total pois o uso de insecticidas neurotóxicos está levando a moitos abelleiros á ruína.

O problema é mundial, como puxeron de manifesto a pasada semana Os Verdes nas xornadas que o Parlamento Europeo lle dedicou á apicultura. Porque a agricultura está baseada nos polinizadores, e sen eles non é sostible. Por iso dende decembro do ano pasado está prohibido usar sementes de millo tratadas con insecticidas (os grans colorados). Vemos grandes leiras galegas que se están preparando para sementar millo. Presentan unha cor amarela porque as tratan con herbicidas moi perigosos. Isto significa un envelenamento masivo das nosas terras e sen dúbida pasará á cadea alimentaria. Pregámoslles encarecidamente aos labregos que non usen sementes de millo tratadas con pesticidas. Imos estar vixiantes para que non se semente millo non autorizado, sementes tóxicas para as abellas, o medio ambiente e a cadea alimentaria. Recordemos o efecto bioacumulativo e a difusión polo aire e as augas destas substancias, lembremos o que pasou co DDT, prohibido hai moito tempo no agro pero que agora onde máis se detecta é entre os esquimais.

Esiximos a prohibición total destes insecticidas e unha política agraria totalmente diferente, baseada nunha agricultura sostible e respectuosa co medio, na rotación de cultivos e na polinización como factor determinante da nosa produción agraria.

Xesús Asorey é Secretario-técnico da Asociación Galega de Apicultura




Atrás
Nova Anterior Índice dos Recortes Nova Seguinte