![]()
![]() O anuncio de elaboración dun proxecto de camiño peonil arredor do monte fai que volvan xurdir vellas pantasmas. Salvemos Monteferro solicitou ao Ministerio de Medio Ambiente o Prego de Cláusulas previo á redacción do proxecto... e as pantasmas axitáronse máis aínda. Nese documento pode lerse o seguinte: ![]() Nós xa dixemos no seu día que unha senda peonil discreta non tería por que ser un problema, sempre que non significase ningunha artificialización que desvirtuara o carácter de espazo natural do monte. Pero iluminación, subministro de electricidade, abastecemento de augas, mobiliario urbano... son ideas incompatibles co que entendemos por espazo natural, que ademais nos evocan recordos desagradables de tempos que críamos pasados. ![]() O proxecto dividirase en dúas fases. A primeira, duns 3.000 metros de lonxitude e sinalada en verde no mapa, atravesa a zona rural do monte. A segunda fase, con 2.000 metros de lonxitude, discorrerá pola zona próxima ás edificacións nos dous extremos da península.
De todas maneiras Salvemos Monteferro seguirá moi atentamente todo o relacionado coa elaboración deste proxecto. |