http://www.salvemosmonteferro.org
Monteferro, 27 de decembro de 2017:




Galicia arde. Que pasa cos piñeiros?





Os galegos estamos fartos de estar fartos da lacra anual dos incendios forestais. Cada ano a mesma retórica política, científica e social, pero cando se dan as condicións idóneas (os famosos 30% de humidade, 30º de temperatura e ventos de máis de 30 Km/hora), Galicia arde polos catro costados como se faláramos dunha terrible explosión.

Parece un problema irresoluble. Que se hai moitos núcleos de poboación aillados, que se as casas non gardan a franxa de protección co arbolado, que se non hai medios terrestres nin aéreos suficientes, que se hai moitos eucaliptos e plantas pirófitas alóctonas, que se os cortalumes non están limpos, que cada vez se gastan menos cartos en prevención, que se o rural está abandoado, que se os pirómanos, que se hai unha mafia organizada, son argumentos que as galegas e galegos vimos oindo repetidamente ano tras ano sen que pase o tempo por eles.

O caso é que sin fallo ningún, cando se dan os tres 30, Galicia estoupa e esa explosión lévase por diante o patrimonio, a flora, a fauna, as casas e as vidas de galegas e galegos. Fartos xa de estar fartos !!!.

O pasado 7 de xullo, a asociación ecoloxista ADEGA publicaba un interesante estudio sobre a incidencia do lume sobre diversas especies arbóreas, concretamente eucaliptos, piñeiros e frondosas autóctonas.

Segundo o Informe sobre lumes forestais no estado no período 2001-2011, publicado no ano 2012, podemos ver na páxina 75, cadro 7.2, a incidencia dos lumes por especies e comunidades autónomas:



De esta táboa que abarca 10 anos de incendios forestais, podemos concluir que:

  • En Galicia arden máis da metade dos Pinus Pinaster do estado español, (54.107 ha. sobre 102.117 ha.)
  • O 77,77% dos Eucalyptus glóbulus que arden no estado español o fan en Galicia.
  • Non hai datos sobre a incidencia dos lumes nas frondosas autóctonas que poidamos comparar co resto do estado.

Por outra banda, o IV inventario forestal realizado en Galicia no ano 2009, calcula as superficies ocupadas por piñeiros, eucaliptos e frondosas:




Superficie total e queimada na galiza

De toda esta información podemos extraer os datos da táboa adxunta.

O 38,22% do bosque galego está ocupado por piñeiros, o 36,41% por frondosas autóctonas e o 25.37% por eucaliptos.

Esto quere decir que o 63.59% do bosque galego está ocupado por especias alóctonas (piñeiros e eucaliptos).

Como o informe sobre a incidencia dos lumes forestais en diferentes especies arbóreas abarca 10 anos, dividimos os datos entre 10 para conseguir unha media anual, e observamos os ratios proporcionais de indicendia do lume sobre cada tipo de árbore.

Este ratio indica que os bosques de eucalipto son os máis propensos a arder, seguidos dos bosques de piñeiros e finalmente os compostos por frondosas autóctonas.

Proporcionalmente podemos concluir que tomando como referencia ás frondosas autóctonas, o eucalipto arde 3,49 veces máis, e os piñeiros 3,06 veces máis.

O bosque galego é un polvorín, se sumamos piñeiros e eucaliptos, ambas plantas pirófitas e alóctonas, ocupan o 63.59% do bosque galego.


O movemento ecoloxista galego está en pe de guerra contra os eucaliptos e a política do goberno galego de subvención da plantación de eucaliptos para defender os intereses da empresa pasteira ENCE ubicada na ría de Pontevedra. Non lles faltan motivos, e o eucalipto, segundo os datos aos que temos acceso, parece ser a especie máis propagadora de lumes de todas as estudiadas. Nun solo día arderon na galiza casi 40.000 hectáreas, e o eucalipto ten moita culpa, pero

Que pasa cos piñeiros? Tamén é unha árbore alóctona que sen embargo é o máis abundante nos bosques galegos, tamén e moi pirófita, non tanto como o eucalipto pero 3,06 veces máis que as frondosas autóctonas.

Por que ninguén fala dos piñeiros?


Comentarios actuais

comentarios até agora (pon o teu)