http://www.salvemosmonteferro.org
   
Salvemos Monteferro, foi citado en Telecinco o 26/04/06 nun sketch de Cámara Café sobre extraterrestres II Concierto Solidario do 5 de Maio na La Iguana Club Faite Socio Galería de Fotos



Monteferro, 18/01/06 -- 18/01/07


Primeiro aniversario de salvemosmonteferro.org:







  GAÑAMOS
     UNHA
  BATALLA



Hoxe hai un ano que esta páxina comezou a falar, e as súas primeiras palabras foron estas:




   Nigrán, 18/01/06

Aquí estamos.

Onte inauguramos esta páxina que tentará ser medio de contacto, fonte de ánimo, pano de lágrimas e látigo de moinantes... (Ver texto completo)





Por aqueles días, Monteferro estaba a sufrir salvaxes cortas de arborado, e ameazado ademais polo proxecto de vial, destructor do monte, do que tantas veces temos falado aquí. Parar esas cortas e impedir o asfaltado eran os nosos fins.

O tal proxecto era froito dun convenio Concello-Deputación, e a aquelas alturas as obras estaban xa adxudicadas a unha empresa constructora de Lalín, polo que os traballos podían comezar en calquera momento.

Non é cousa de facer agora aquí resumo das nosas actividades. Arriba, á vosa esquerda, onde pon Novas, tedes o publicado nesta web ó longo do ano, coma quen di a nosa pequena historia. Un ano no que se rexistraron cerca de 30.000 visitas a esta páxina.

Pero...















Non cabía agardar mellor agasallo nesta efeméride, que podervos comunicar hoxe, con orgullo e moita alegría, que esa obra nefanda non se vai realizar:




13/01/07

RETIRADO O PROXECTO
DE VIAL EN MONTEFERRO

Concello e Deputación rompen o contrato para a execución das
obras previstas desde decembro de 2004

O proxecto que tanto combatemos xa non existe. Está morto, pasou á historia, ó inferno dos plans que nunca deberon nacer. Alá van a rotonda e os farois, a traída de augas e os aparcamentos de autobús.

Paramos o primeiro golpe, gañamos a primeira batalla. Poucos eran, hai un ano, os que apostaban por este resultado.

Unha victoria de todas e todos os que, dunha maneira ou outra, participáchedes nesta mobilización: grazas e parabéns para vós.

Pero se falamos de ter gañado só unha batalla é porque sabemos moi ben que o noso traballo aínda non rematou.


A loita continúa

E para sabelo basta con lembrar que o PXOM de Nigrán, a pesar de todos os pesares, aínda non foi retirado. Quedou “aparcado” (en palabras do noso inefable Alcalde) á espera do que dispoña a próxima corporación.

O previsto nese Plan para Monteferro é aínda máis destructivo que o proxecto de vial. Podédelo ver aquí.

Pero aínda si, como agardamos, ese PXOM acabara no contenedor azul, para salvar o único que ten de reciclable, o perigo non desaparecería de Monteferro.



Por iso é o noso obxectivo, neste segundo ano de vida, conseguir unha figura de protección medioambiental para o monte, para que nunca máis dependa o seu futuro do capricho dun alcalde.

Entre tod@s ímolo conseguir, e daquela, a festa si que vai ser rachada.