ONDE ESTAMOS

QUEN SOMOS
NOTA DE PRENSA
14/01/06
Ante as graves agresións xa sufridas no entorno natural de Monteferro (Nigrán) e fronte as accións anunciadas e propostas no proxecto de obras presentado polo Concello de Nigrán e a Deputación, ca conivencia da Comunidade de montes de Panxón, un grupo de persoas sensibilizadas co problema, particulares e membros de distintas Asociacións de Vigo e Val Miñor, tiveron o pasado día 12 de Xaneiro do 2006 o primeiro encontro para unificar futuras actuacións na defensa dun dos últimos reductos verdes da nosa ría, e para amosar a nosa total repulsa ante os feitos acaecidos, e a nosa decidida oposición a deforestación e urbanización de Monteferro (único paraxe costeiro con espacio aínda sen urbanizar na banda sur da Ría de Vigo, dende Redondela a Nigrán).
Tal como consta no documento asinado na reunión o grupo está aberto a quén queira sumar ideas e accións na defensa de Monteferro.