http://www.salvemosmonteferro.org
Monteferro, 20 de Setembro de 2013:




Non o vial por Nigrán







Concello de Nigrán, Xunta de Galicia: Retirada do trazado do vial de alta capacidade polo medio de Nigrán

O concello Nigrán, un municipio costeiro ao sur de Pontevedra que sufre desde fai décadas os problemas da corrupción urbanística e a presión especulativa do solo, atópase na fase de aprobación inicial do seu documento de ordenación urbanístico que decidirá o futuro do municipio durante os vindeiros 20 anos.

Durante a fase previa á redacción dese documento, distintos colectivos veciñais e sociais do municipio participaron en grupos de traballo para achegar ideas sobre o modelo urbanístico que querían para o seu municipio.

Durante dito traballo do consello sectorial, a Xunta de Galicia promoveu un plan sectorial denominado "Vigo Íntegra" no que se incluía o trazado dun vial de alta capacidade polo medio e medio de Nigrán. Un vial pechado que se levaba por diante a medio centenar de casas sen facer achega dun só dato técnico que xustificase a necesidade de dito trazado, agás o gasto en investimento público necesario para a realización do mesmo.

Este trazado foi rexeitado non só polas entidades veciñais senon por toda a corporación municipal en pleno. Os partidos gobernantes PSOE e BNG así como os partidos na oposición: PP, UCN.

O propio Partido Popular representado polo que agora é alcalde de Nigrán, presentou alegacións contra este vial argumentando que:

  • "El vial tramo Balsa Saiáns, Porto do Molle supone una división física real de las parroquias de Priegue y de Nigrán, y por tanto del Municipio de Nigrán"
  • "Esta autovía urbana no soluciona los problemas actuales interno y de interconexión con los ayuntamientos limítrofes del Val Miñor...la solución de estos problemas de intercomunicación...parten de la liberalización del peaje de la AG57N para establecer una auténtica circunvalación, libre de peaje..."

Premer para consultar o documento orixinal.

Ver nova na Voz de Galicia.

O traballo do Consello Sectorial culminou nun documento que foi aprobado nun pleno municipal o día 29 de xullo de 2010 asinado por unanimidade.

A inutilidade de este vial queda patente si visualizamos o mapa das estradas e autopistas que existen na actualidade. En bermello o novo vial proxectado. Outra máis para que?


3 anos despois, lonxe de cumprir os acordos alcanzados nese pleno e trasladar o sentir da cidadanía sobre o modelo urbanístico que querían para o seu municipio, o novo goberno de Nigrán, presidido polo alcalde Alberto Valverde (PP), modificou por decisión propia todo o traballo avanzado e rompeu mesmo os acordos e compromisos asinados por el mesmo, no pleno de 2010.

Nun deses puntos, a Xunta de Galicia instaba ao concello a que fixese o trazado dunha vía de altas prestacións (ou vía de alta capacidade) polo medio e medio do municipio. Dito trazado foi rexeitado polos cidadáns e mesmo polo alcalde de Nigrán, cando estaba na oposición.

Os veciños solicitaron que calquera novo trazado viario debería estar debidamente xustificado e estudado a través da creación dun informe técnico de mobilidade que estudase pormenorizadamente as necesidades do concello coa fin de atopar solucións concretas cos medios dispoñibles de transporte públicos, carreteras provinciais e autonómicas así como a autoestrada que nestes momentos está infrautilizada e a punto de ser rescatada con cartos públicos.

O concello de Nigrán e a Xunta de Galicia, non só rexeitan facer este estudo, senon que siguen empeñados en trasladar aos cidadáns a idea da necesidade desta infrestrutura sen achegar até hoxe un só dato que xustifique a súa necesidade e cun trazado que nin sequera ten continuidade co municipio de Vigo, rematando nun calello no medio do monte de Saiáns. O plan xeral de Vigo non contempla a realización da Ronda, que sería a continuación e a confirmación da desfeita dos montes de Saiáns e Coruxo, outras xoias do patrimonio natural da comarca.

O vial discurre polo medio e medio do concello, partíndoo en dous; e levándose por diante zonas de alto valor paisaxístico e forestal, así como zonas con importantes xacementos prehistóricos con petróglifos e aterramentos funerarios paleolíticos (mámoas).

Vídeo petroglifos "O Currelo" Priege que quedan en la zona de afección.

Ademais deste dano patrimonial, o vial provoca un dano económico a centos de familias que serán expulsadas das súas casas, que serán derrubadas e expropiadas para o trazado de dita infraestrutura, deixándoas nunha situación de total indefensión e xerando un grave problema social e económico nun momento de crise como o actual.

O máis grave é que todo este dano ecolóxico, patrimonial, económico e social pódese evitar. Pero só eé posible se existe unha vontade política.

Por ese motivo, pedimos ao concello de Nigrán e á Xunta de Galicia, a retirada do trazado deste vial de alta capacidade e o estudo de alternativas de transporte e mobilidade para o municipio enfocadas á mellora do transporte público e o aproveitamento das infraestruturas existentes.

Por outra banda esiximos o obrigado cumprimiento dos acordos alcanzados no pleno extraordinario do 29 de xullo de 2010.

Si estás de acordo, firma esta petición en change.org.




Comentarios actuais

0 comentarios até agora (pon o teu)

Deixe o seu comentario:

Autor:

E-Mail:

URL:

Comentario:


 


Teclee estes caracteres:

 

Nota: As contas de Email non serán visibles e usaranse só para validar o seu comentario. Manteña as formas. Calqueira comentario insultante, inapropiado ou ofensivo será eliminado.

Non se permite código HTML. Os saltos de liña serán convertidos automaticamente. Por favor, utilice BBCode para formatear o seu texto.