1.- NIGRÁN:

Monteferro, o PXOM e a Foz do Miñor



Monteferro, no concello de Nigrán, é unha pequena península situada na punta sudoeste da Ría de Vigo.

Aínda que xa urbanizada na zona do istmo, o resto (unhas 85 hectáreas correspondentes na súa maior parte a monte en man común) constitúe o último reducto verde na banda sur da nosa Ría. E tamén un caramelo para a especulación.

No ano 2005 un proxecto de Concello e Deputación pretende construír arredor do monte unha descomunal carreteira, de ata 16 metros de ancho, con principio e fin nunha súper rotonda de 36 m. de diámetro. Farois, beirarrúas, aparcamentos, e... traída de augas. En xullo a obra é adxudicada a unha empresa de Lalín.

Todo isto coa conivencia da directiva da Comunidade de Montes, que, neses días, levaba a cabo cortas salvaxes do arborado, arrasando zonas enteiras do monte e creando gran alarma social.

O 19 de novembro é incendiado, diante do seu domicilio, o coche do portavoz do grupo municipal do BNG David Giráldez, que viña denunciando a ilegalidade, tanto da obra proxectada, como da deforestación.

(Aparte de outras irregularidades, as Normas Subsidiarias de Nigrán cualifican Monteferro como Espacio Natural, prohibindo explicitamente o asfaltado de novos camiños, os movementos de terras e as cortas de arborado que non se fagan por entresaca).


   

“Salvemos
Monteferro”

nace pouco despois, o 12 de xaneiro de 2006, nunha xuntanza dun “grupo de persoas sensibilizadas co problema, particulares e membros de distintas Asociacións de Vigo e Val Miñor”, tal como reza o documento fundacional. Actualmente son oito os colectivos integrados na Plataforma.

 

O 13 de xuño presentamos no Concello 9.575 firmas contra o proxecto de vial e as cortas, ademais dun rigoroso estudio para buscar alternativas de futuro a Monteferro, respectando sempre o seu carácter de espacio natural. Copias das sinaturas presentáronse tamén na Deputación e en Política Territorial.

Actuamos ante a Xunta, con denuncias, alegacións e entrevistas, nas Consellerías con competencias no asunto: Medio Ambiente, Medio Rural e Política Territorial.


Presentación das 9.575 firmas no Concello de Nigrán (13/05/06)

No outono de 2006, o plan, que xa fora notablemente rectificado á baixa, viviu un intento de reactivación desde o Concello, intento respondido por unha nova mobilización.

Pouco despois, en xaneiro de 2007, Salvemos Monteferro anunciaba que o proxecto fora definitivamente retirado, e o convenio Concello-Deputación quedaba roto.



O PXOM de Nigrán


O Alcalde saíndo da Casa do Concello

O 2 de xuño de 2006 unha revolta popular impediu, coa toma da Casa do Concello, a aprobación inicial do PXOM.

Desde as 8'30 da mañá ata as 4 da tarde os veciños impediron a celebración dun pleno municipal fixado para esa primeira hora nun intento de evitar a súa presenza. Só a chegada dun forte continxente de antidisturbios da Guarda Civil permitiu a saída do Alcalde e os membros do equipo de goberno, atrincherados no despacho do rexedor tras unha forte barreira policial.

Ese PXOM, agora retirado á espera das próximas eleccións municipais, pretendía perpetuar o negocio inmobiliario e a especulación nas zonas costeiras do Concello, e tamén o abandono e a falta dos servizos máis elementais nas parroquias do interior.

Planeaba a construción de 7.000 novas vivendas nun concello de 17.000 habitantes, no que o 42% das edificacións actuais permanecen baleiras a maior parte do ano.


Súmense a isto as fundadas sospeitas de información privilexiada, algo que era vox populi daquela e que agora pesa como denuncia da fiscalía sobre o alcalde e cinco membros da corporación. Todos os solos urbanizables e polígonos con máxima edificabilidade rexistraron desde 2002 importantes operacións de compra de terreos.

DEPURADORA

Nada dicía en cambio ese PXOM respecto á depuradora de augas residuais municipal que, como todas as da ría, padece graves deficiencias.

Tan graves que a rotura do emisario no pasado verán amosou, mar adentro, a saída incluso de residuos sólidos (preservativos e compresas) no medio de augas negras, sen depurar o máis mínimo.

Nese sentido compre lembrar aquí esta nova sobre a Foz do Miñor:

La Voz de Galicia
18/10/06
Los vertidos fecales acaban con el marisqueo en la Foz


La contaminación impide vender los productos en fresco .... Ler noticia


Certo que a depuradora responsable desta desfeita non é tanto a de Nigrán como a de Gondomar, situada río arriba, pero... ¿Como será posible que ningunha funcione minimamente?

Por outra banda, a moi turística Baiona (que verte na Foz parte dos seus desaugues) non é que teña unha depuradora deficiente, senón que non ten ningunha.

E claro, uns meses despois de pechar ó marisqueo a Foz tocoulle a toda a baía de Baiona:

La Voz de Galicia
10/04/2007
La contaminación obliga a Pesca a cerrar al marisqueo Baiona


También impide la venta en fresco de bivalvos de la ría de O Burgo y parte de la de Pontevedra... Ler noticia


¿Onde están os responsables destas desfeitas? En calquera outro lugar probablemente haberían dado cos seus ósos na cadea, pero aquí seguen quentando as poltronas dos seus despachos oficiais.



A Foz do Miñor

A Foz, o esteiro do Río Miñor, constitúe un Lugar de Interese Comunitario (LIC) dentro da Rede Natura 2000.

A grave contaminación que padece polos vertidos fecais sen depurar, ademais de acabar co importante recurso do marisqueo, ameaza a moitas aves que atopan aquí refuxio e alimento.

O seguinte listado, elaborada en base ás observacións de Cesar Vidal (Sociedade Galega de Ornitoloxía), Fernando Lahuerta (Instituto de Estudios Miñoranos) e Jaime Saiz, inclúe máis de 120 aves de 36 familias diferentes.

Clicando sobre calquera das familias citadas abrirase unha fiestra explicativa con numerosos datos.

Mobellas
Somorgullos
Pardelas
Paiños
Mascatos
Corvos Mariños
F. Fregatidae
Garzas
F. Threskiornithidae
Patos, Parrulos e Mergos
Rapiñas
Falcóns
F. Rallidae
Limícolas
Papamerdas
Gaivotas
Carráns
Araos
F. Alcedinae
Lavandeiras
F. Sylviidae
Outras

Esta lista procede da páxina A FOZ: o esteiro do río Miñor na que atoparedes moita máis información sobre este importantísimo espazo natural.




Toda a información en: http://www.salvemosmonteferro.org
Enderezo electrónico: salvemosmonteferro@hotmail.com
Hemeroteca: http://salvemosmonteferro.org/recortes.html
Nigrán e Val Miñor: http://valminor.info




VOLVER Ó MAPA