Punto 0.- O Mar.


Si, empezaremos polo Mar, pola auga:

“A Ría de Vigo é unha unidade funcional físico biolóxica (relacionada coa plataforma próxima e a contorna terrestre), na que as perturbacións que se produzan en calquera punto repercuten, en menor ou maior grado, no seu conxunto”.

Coma quen di, un ser vivo.


O longo deste artigo, axudados por gráficas e animacións, veremos como respira, como se move, como palpita, como se renova.

Coñeceremos o por que do seu enorme potencial biolóxico e tamén o seu delicado e fráxil equilibrio.


1. A Ría de Vigo.

Empecemos polo incuestionable. A Ría de Vigo é unha das catro rías galegas coñecidas como Rías Baixas (Muros/Noia, Arousa, Pontevedra e a devandita ría de Vigo).

Poderiamos engadir a de Aldán, pero esta non é unha ría, tal como se acepta en termos científicos.

É a finais do século XIX cando o termo “ría” é recollido por Ferdinad von Richtofen como concepto científico. E, grosso modo, podemos dicir:

Por ría enténdese unha formación estuárica máis longa que ancha, prolongación dun sistema hidrográfico cuxo val foi parcialmente anegado polo mar. (1)


Velaí a bonita representación da Ría de Vigo, elaborada a partir dunha imaxe do satélite Landsat e datos batimétricos do Instituto Hidrográfico da Mariña, con elevación dixital (indicativa). Nela podemos ver o relieve do fondo, os montes que oculta o manto de auga.


Obsérvese a brusca caída a máis de 100 metros de profundidade moi cerca das Cíes (color violeta).
Desde Rande ata a boca da ría, a profundidade media supera os 20 m.,
e os supera moi amplamente ao longo da canle central.

A ría esténdese en dirección EsteNoreste-OesteSuroeste ao longo duns 32 Km. ata chegar ó océano, onde alcanza a súa máxima anchura (uns 10 Km.). Ao fondo, a enseada de San Simón, separada do resto polo estreito de Rande ( uns 700 m. de anchura).

A súa superficie total é duns 156 Km2 e cubica ao redor de 3.000 millóns de toneladas de auga.


A enseada de San Simón é de augas pouco fondas, cunha profundidade media duns 3 m. A súa superficie diminúe aproximadamente en 1/3 entre alta e baixamar. A dinámica das súas augas é característica dun estuario, rexida polas mareas e os aportes fluviais do sistema Oitabén-Verdugo (uns 18 mil litros de auga por segundo, de media anual). Son augas moi mansas con alto índice de sedimentación: o seu leito está colmado de lodos.

Ao oeste, as illas Cíes separan a ría do mar aberto, co que se comunica a través de dúas bocanas. A bocana norte ten unha anchura duns 2,5 Km. e unha profundidade media de 25 m. A bocana sur vén ter uns 5 Km. de anchura, e unha profundidade aproximada de 50 m.

O conxunto está sometido a mareas medias (entre 2 e 4 m.), e coa excepción citada da enseada de San Simón, a dinámica das súas augas non só se ve afectada pola influencia mareal e os aportes fluviais, senón que ten unha forte influencia de circulación residual forzada polos ventos na boca da ría, e os ventos catabáticos (locais) ao longo do seu eixo. Isto ademais dos episodios estacionais de afloramento/afundimento de augas no forte desnivel que a separa do mar aberto, episodios dos que falaremos máis adiante. ( A 3 ou 4 Km. ao Oeste das illas Cíes atopámonos con máis de 100 m. de profundidade).

A circulación residual (consecuencia dos ventos dominantes na boca da ría e demais influencias oceánicas) é especialmente dominante na zona entre o eixe Cabo do Mar-Punta Borneira e as illas Cíes.



2. Hidrodinámica da ría de Vigo.

Hidrodinamicamente, hai tres zonas de circulación de augas ben diferenciadas:

  1. Na enseada de San Simón, a circulación das augas é a máis simple das estuáricas, rexida polas mareas e a descarga fluvial (no noso caso, o sistema Oitabén-Verdugo). A circulación non está estratificada.

  2. A parte máis externa e profunda da ría (Punta Borneira - Cabo do Mar ata as Illas Cíes), con circulación residual influenciada polos ventos exteriores (na boca da ría), estratificada en dúas capas (con algunha peculiaridade, como expoñeremos máis adiante), e afectada fortemente polos episodios estacionais de afloramento e afundimento, dos que falaremos a continuación.

  3. Na zona media da ría (Borneira-Mar ata Rande), ambos tipos de circulación axústanse progresivamente.


O mapa mostra a separación entre estas tres zonas (trazo vermello). Os puntos en vermello
fan referencia ós lugares onde se situaron correntímetros durante unha campaña de estudio
da circulación de augas por parte dun equipo da Universidade de Vigo en 1997.

Episodios de afloramentos e afundimentos de augas.

Estes episodios consisten en movementos de masas de auga procedentes do fondo cara a superficie (afloramentos) e, inversamente, da superficie cara ó fondo (afundimentos).

Os fenómenos de afloramento e afundimento son a causa determinante da gran produtividade primaria das Rías Baixas.

Chamados en inglés upwelling e downwelling, son ademais un factor moi importante para a renovación das súas augas.

En Galicia, os episodios de afloramento teñen lugar entre a primavera e finais do verán, debido á influencia do anticiclón das Azores.

En efecto, cando sopran ventos de compoñente norte no exterior das rías, as augas superficiais son arrastradas cara ao oeste/sudoeste (efecto da forza de Coriolis: unha masa de auga en movemento experimenta unha desviación de xiro no sentido das agullas do reloxo no hemisferio norte, e contraria no hemisferio sur), sendo substituídas por augas frías procedentes da circulación profunda do Atlántico Norte, moi ricas en nutrientes (fosfatos e nitratos). É dicir que:



Estes afloramentos de augas dan lugar a unha situación que favorece a eclosión do fitoplancto, inicio da cadea trófica.


No outono-inverno, a presenza habitual de profundas depresións deslizándose polo Atlántico Norte cara ao leste dan lugar a ventos de compoñente sur/sudoeste que causan o efecto contrario, o afundimento:

As augas superficiais son forzadas a penetrar nas rías debido ao arrastre de Coriolis, e no noiro das Cíes prodúcese o afundimento das augas que seguen circulando cara ao oeste pero a gran profundidade, significando unha maior dificultade para a renovación das augas nas rías e o seu empobrecemento en nutrientes, fitoplancto e osíxeno disolvido, e favorecendo a eclosión de distintos tipos de diatomeas, cianobacterias e dinoflaxelados. (En Galicia, por exemplo, a masiva presenza do gymnodinium catenatum dá lugar ás chamadas “mareas vermellas”).

Os fenómenos intensos de upwelling/downwelling non son específicos das costas galegas, senón tamén doutras frontes marítimo continentais, como o Benguela (África Sudoccidental) e a costa do Perú, zonas tamén de moi alta produtividade. Os videoclips adxuntos ilustran este fenómeno.








A circulación das augas.

En conxunto, a circulación das augas na ría de Vigo é o que se denomina circulación estuárica de tipo positiva, en dobre capa e parcialmente mesturada. (2)

Con isto vénse a dicir en síntese que a circulación das augas consiste en entrada de augas frías e salinas (máis densas en conxunto) pola capa inferior da boca, e saída de augas menos densas pola capa superior, con mesturado parcial destes dous estratos de auga que se vai debilitando segundo se penetra cara ao interior da ría.

O vídeo mostra unha serie de boias de deriva en superficie movéndose ao longo dunha serie de días de ausencia de ventos favorecedores de afloramentos - afundimentos no exterior da ría. As distintas cores das boias corresponden ás catro zonas nas que foron libradas. A súa posición oscila coas mareas, e a súa persistencia no interior da ría é duns tres meses nesta situación de ausencia de vento.




Pero os fenómenos estacionais de afloramento e afundimento modifican este comportamento xeral cando se producen (véxase o citado traballo de Torres et al., así como o de Souto et al. (3)

Un exemplo:

Entre o 6 e o 11 de outubro de 1997 sopraban ventos do SSE no exterior da ría duns 8m/s , que rularon a dirección NNE a partir desa última data, intensificándose ata alcanzar velocidades de máis de 10 m/s.

A campaña oceanográfica de Carlos Souto e o grupo de oceanografía física da Universidade de Vigo, recolleron neses días datos de correntes en toda a columna de auga e en distintos transectos da ría que puxeron de manifesto algunhas peculiaridades da circulación residual que nos ocupa e que ilustran as imaxes de abaixo:



Durante o afundimento (ventos do sur), na zona externa da ría obsérvase a entrada de augas superficiais (frecha vermella) pola boca sur da ría (circulación negativa), e saída de augas pola mesma boca en profundidade (frecha azul). Pero nesa zona, hai unha recirculación en superficie que provoca a saída de auga pola boca norte en toda a columna.



Durante o afloramento (ventos do norte), o vento forza a entrada de augas pola boca norte en toda a columna, e recircula en superficie na parte exterior da ría para saír pola boca sur, onde, ademais, penetran augas profundas.

O seguinte vídeo mostra o comportamento das boias de deriva durante este período de tempo. As boias negras son boias superficiais, mentres que as boias vermellas son sub superficiais.




Tras dous días de ventos do sur a velocidades duns 10 m/s, en distintas seccións da ría apréciase a seguinte circulación residual:

Na figura (d) apréciase a circulación das augas no transecto da boca sur da ría. A circulación é “inversa”: entra auga en superficie (ata 40 m. de profundidade), e sae auga polo fondo (tamén hai saída de augas cinguidas ao perfil batimétrico do sur das Illas Cíes).

As liñas continuas en negro separan os fluxos entrantes e saíntes. A velocidade da corrente de entrada apréciase máis intensa en superficie, superando os 10 cm/s entre o centro da boca e as Illas Estelas. Pola boca norte, todo o fluxo é de saída, con correntes de máis de 20 cm/s.

Ao longo do transecto entre Cabo Estai e a Punta de Barra (a), séguese apreciando fluxo superficial de entrada en superficie e cara á ribeira sur, mentres o fluxo é de saída en profundidade e no primeiro quilómetro da ribeira norte. Entre Cabo Mar e Punta Borneira (b), o fluxo segue sendo de entrada en superficie (15 m.), e de saída en profundidade, así como en superficie na zona cinguida a Punta Borneira.

Tras rular os ventos a compoñente norte (situación de afloramento), o patrón de circulación invístese, tal como mostran as figuras.

Velaí unha animación onde se aprecia a transición entre ambas situacións (¡fíxense no código de cores: cara ao vermello, penetración de augas cara ao interior, cara ao violeta, saída de augas cara a mar aberto!):




A modelización destes resultados efectuouse para ventos sostidos do sur/norte de 10 m/s, aplicando o modelo HAMSOM (Hamburg Shelf Ocean Model), elaborado polo Institut für Meerekunde Hamburg e Clima Marítimo (Portos do Estado). (4) O campo integrado de correntes de superficie (10 primeiros metros) móstrase nos seguintes esquemas.

Simulacións HAMSON: arriba, episodio de afundimento; abaixo, episodio de afloramento.

Á continuación destas liñas: resultado dunha simulación durante 28 días da circulación residual na Ría de Vigo utilizando un modelo barotrópico 2-D axustado a un modelo lagrangiano de seguimento de partículas trazadoras . (5)

E ben, con isto é suficiente para facermos unha idea de como circulan as augas na ría de Vigo. Polo menos de forma global.


Tempo de renovación.


Tamén de forma global podemos ter datos do tempo de residencia das augas no interior da ría, ou ”tempo de renovación” das mesmas, aínda que este concepto pode levar a engano:

O tempo de residencia ou renovación soamente nos di en canto tempo se renova a capacidade total dun estuario considerando un balance neto dos fluxos de entrada e saída de augas pola súa boca e os aportes fluviais que recibe, pero non di nada do tempo da renovación das augas nas zonas menos profundas e/ou de menor circulación (augas moi próximas á costa, ou ao abrigo de pequenas baías, enseadas, diques, etc., que é onde se concentran as actividades e vertidos con perigo potencial).

O estudio dos tempos de persistencia das augas en zonas concretas ha de ser modelizado de forma específica para cada caso, ou determinado empiricamente mediante a liberación e seguimento de trazadores de traxectoria (nada complicado, por certo), máxime cando estea prevista unha actuación no litoral (construción dun dique, peirao, creación dun polígono de bateas, etc), o cal vénse a obviar ata a data, aínda cando se presente o preceptivo -¿??- informe de impacto ambiental.

É certo que o tempo de residencia global das augas na ría de Vigo é pequeno. Entre unha semana e un mes, segundo o estudio citado de Gómez-Gesteira et al., dependendo da zona na que se libere o trazador: seguindo a liña de descarga do río, ou desde o porto de Vigo, pero sen datos, por exemplo, para a baía de Baiona, etc., etc., etc.

Os tempos de persistencia local das augas son moi variables segundo a zona que se considere.

Un exemplo: un estudio efectuado no estuario de Urdabai (ría de Mundana-Guernika) ofrece tempos de residencia das augas na parte profunda da ría de entre 21 e 580 días en períodos de seca. (6) Os resultados non son extrapolables, nin moito menos, á ría de Vigo, pero vexan a xeomorfoloxía deste estuario vasco e saquen algunha conclusión propia:

Nesta ría non hai episodios significativos de afloramento afundimento, pero é macromareal (mareas intensas, de máis de catro metros de oscilación na primavera), moi pouco profunda (uns 3 m. na canle) e duns 12 Km. de longo por 1,2 de ancho na súa boca.

Todo iso faría pensar en que posuiría unha alta taxa de renovación de augas --e así debera ser--, pero conta cun embalse na parte profunda da ría..., bo para aquilo, malo para isto.

Outro estudo significativo a este respecto é o de Gomez Gesteira et al. (7) en referencia ao incremento do tempo de residencia das augas no porto da Coruña como consecuencia do levantamento do dique de abrigo Barrié de la Maza. A taxa de renovación das augas na zona entre o dique de abrigo e Oza dos Ríos incrementouse notablemente.



3. A riqueza da ría de Vigo e os riscos que corre.

As rías galegas, pese á súa pequena extensión, contan entre as zonas de máis alta produtividade primaria oceánica do mundo.

A explotación desta característica por parte da flota de baixura, marisqueo artesanal e cultivos mariños (mexillón en bateas, granxas mariñas, etc.) xeran na ría de Vigo entre 7.000 e 10.000 empregos directos.

Pero, indubidablemente, a explotación desta riqueza non está suficientemente ordenada nin regulada.

Quizais o principal problema sexa a presión demográfica sobre a ría: arredor de medio millón de persoas residen na súa contorna inmediata, cos problemas medioambientais que iso significa, e ante a pasividade e deixamento (¿doloso?) das autoridades.



A contaminación.

Os problemas que padece a ría veñen de lonxe. Sobre a enorme contaminación procedente de vertidos fecais nas marxes da ría, non imos dicir nada que non se saiba xa. No punto 3 do mapa, dedicado á depuradora do Lagares, poden atopar números e datos.

A cuestión está quente, e a ameaza da CEE sobre a paralización de toda actividade extractiva na ría non é ningunha broma, e non sairemos dela cun programiña de animación (non de simulación: para iso faría falta un estudio integral previo que non se fixo) programiña que conta as intencións da Xunta de Galicia para deixar “niquelada” a ría en catro ou cinco anos.

Polo de pronto, segue crecendo o número de polígonos ex-extractivos na ría, isto é, que deixaron de ser extractivos por non cumprir a normativa europea de sanidade e consumo. (A normativa europea, porque... ¡se por nós fóra!)



La Voz de Galicia
18/10/2006
Los vertidos fecales acaban con el marisqueo en la Foz


La contaminación impide vender los productos en fresco. Ler noticia


La Voz de Galicia
10/04/2007
La contaminación obliga a Pesca a cerrar al marisqueo Baiona


También impide la venta en fresco de bivalvos de la ría de O Burgo y parte de la de Pontevedra... Ler noticia




Metais pesados e mexillóns

Por outra banda, a enseada de San Simón é un paradigma de contaminación por metais pesados de procedencia industrial. (8) Os estudios referidos achacan as causas da contaminación por metais pesados a distintas orixes industriais, desde os vertidos da industria cerámica nas proximidades da baía ata o efecto acumulativo de metais pesados por parte dos mexillóns cultivados en bateas e a súa posterior diseminación, transporte dinámico e sedimentación nesta enseada.

O cultivo do mexillón en bateas é outra actividade que pode chegar a ser altamente contaminante. (9)

De feito, empeza a selo. O motivo non é outro que a intensificación que está experimentando esta técnica produtiva concentrada en lugares sensibles.

Criar porcos no monte non é perigoso se a súa densidade é de un porquiño por hectárea. Pero a cría de cincuenta por hectárea ha de ser (e está) estritamente regulada e restrinxida a granxas afastadas de acuíferos, núcleos de poboación, etc., para evitar a contaminación orgánica procedente dos seus zurros.

O mesmo ocorre co mexillón, mutatis mutandi, pois non son actividades semellantes, pero, polo menos, deberíase estudar onde situar os polígonos de bateas para diminuír a taxa de sedimentación, e se eses polígonos deberan moverse de sitio con certa periodicidade.




Pero... ¡Santo ceo! ¡Canto alarmismo!

¿É que ata o persoal do INTECMAR (Instituto Tecnolóxico do Medio Mariño, dependente da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos) quere preocuparnos aínda máis dando conta da acumulación en moluscos de compostos organoclorados, (incluíndo pesticidas da familia do DDT) desde Barallobre, na Ría do Ferrol, ata a Ría de Vigo, desde Moaña ás Illas Cíes? (10)

Pasamos de ser unha sociedade de labregos e mariñeiros con modos de produción artesanais, a unha sociedade próspera (e consumista) con modos de produción intensivos, sen tomar ningunha precaución.

A falta de planificación, a falta de investimento preliminar destinada ao estudio do futuro impacto das actuacións acometidas foi, e é, a tónica de actuación dos nosos “líderes”.



Os informes de impacto ambiental escríbense sobre papel mollado

Os informes de impacto ambiental (as persoas tamén formamos parte do “ambiental”, non se esqueza) son preceptivos, pero quédanse niso, en “preceptivos”, isto é, nun “papel” que ha de ser achegado co proxecto da actuación de que se trate.

Un exemplo: hai uns aniños, aprobouse por parte da Xunta de Galicia o proxecto de construción do embalse no río Umia. Entre outras lindezas, no informe de impacto ambiental que se achegaba no expediente de solicitude, non se falaba do río Umia senón do Guadiana. Tampouco se falaba de Caldas de Reis, non. Falábase de Poboa de Guzmán (Huelva). Falábase do meloncillo e do voitre negro...

O informe non era sequera unha transliteración doutro informe referente a unha actuación no Guadiana próxima a Poboa de Guzmán, non: ¡Era o mesmo!. Non se tomaron nin a molestia de cambiar os nomes. Pódese atopar información aquí.

O mesmo poderíamos dicir de tantos informes técnicos, de tantos estudios de impacto ambiental...

Por exemplo, e volvendo á ría de Vigo: ¿Recordan o proxecto de ampliación do peirao do Areal en Vigo? Pois ben, o proxecto presentado pola Autoridade Portuaria de Vigo e HIDTMA (Hidráulica y Medioambiente S.L.) como empresa consultora, era para botarse a rir. (Ou a chorar).

O “informe técnico” elaborado por HIDTMA (máis adiante falaremos desta empresa “exemplar”) é un deses informes “adxuntos” feitos para non ser lidos pola autoridade competente (ou, mellor dito, incompetente).

Tecnicamente impresentable, preséntase baixo o aval dunha empresa con “ampla experiencia en estudios de xestión do litoral”, o cal xa é suficiente para non ser lido e analizado.

Pero velaí que os investigadores do Instituto de Investigacións Mariñas (IIM) do CSIC de Vigo, si que o len e o analizan. Incluímos as dúas primeiras seccións das súas alegacións. (O subliñado é noso):


COMENTARIOS AL «Proyecto de ampliación del muelle del Areal del Puerto de Vigo» presentado por la Autoridad portuaria del Puerto de Vigo e HIDTMA, S.L.


1: Aspectos generales

En una situación de competencia por el espacio litoral entre diferentes actividades, como la que actualmente se da en la Ría de Vigo, sería esperable una justificación más pormenorizada y rigurosa del proyecto, en especial si se tiene en cuenta que la propuesta se simultanea con varias otras similares. Se habla del «continuo crecimiento que viene experimentando el Puerto de Vigo, muy especialmente en el tráfico de mercancía en general, y en particular, dentro de éste, el de contenedores», pero no se aportan los datos cuantitativos ni los análisis de tendencias y posibilidades de reconversión que cabría esperar. Aún admitiendo la afirmación en sus términos generales, lo cierto es que la percepción que el ciudadano vigués tiene de la ocupación portuaria del litoral incluye espacios subutilizados o abandonados, dársenas que reciben residuos industriales de naturaleza diversa e indicios, en suma, de una actividad expansiva que parece acogerse a la táctica bélica de la “tierra quemada”.

Curiosamente, sin embargo, cuando surgen ocasiones de interés innegable, como la deparada por la sorprendente productividad pesquera y marisquera de la laguna espontánea formada durante el relleno de Bouzas, los responsables de las obras litorales se apresuraron a cegarla no bien formuladas las primeras iniciativas de aprovechamiento y expansión controlada del experimento natural que la dinámica de la Ría había regalado.

Ya en relación con el estudio (en adelante HIDTMA) objeto esencial del presente comentario, lo primero que llama la atención es lo restringido de su ámbito temporal (24 marzo-4 abril y 4-8 mayo de 2001). En un sistema como la Ría de Vigo, y por las razones que iremos aduciendo, no puede pretenderse que un examen limitado a un breve periodo básicamente primaveral proporcione una aproximación útil desde el punto de vista hidrodinámico, bionómico, ni de la explotación o uso de los recursos naturales en sus diversas vertientes.

Asimismo cabe señalar que en los planos presentados por la Autoridad Portuaria de Vigo no aparece el muelle de 400 metros destinado al atraque de buques de crucero y representación, considerado sin embargo en el estudio HIDTMA. Así, podría suponerse que las predicciones acerca del efecto de las obras previstas son ya en principio de dudosa pertinencia (especialmente en su vertiente hidrodinámica) por no ajustarse a las condiciones reales.


2: Aspectos hidrodinámicos.

De acuerdo con lo apuntado en el apartado precedente, la cobertura temporal de las medidas realizadas con correntímetros y biplanos resulta claramente insuficiente. En efecto: no existe información acerca de las corrientes durante las épocas de máximo afloramiento y hundimiento costeros (verano y otoño respectivamente), ni la de fuertes aportes continentales (invierno).

Por otra parte, la evaluación de la circulación en el interior de la Ría no ha tenido en cuenta en absoluto el efecto del viento remoto, es decir, el que sopla en la plataforma adyacente provocando episodios de afloramiento y hundimiento. Según demuestra una amplia información bibliográfica, la relevancia de este viento es muy superior a la del viento local (el único que se considera) para explicar la hidrodinámica de estos sistemas, pudiendo provocar corrientes residuales del mismo orden que las de marea, y a menudo de superior magnitud.

Adicionalmente, la duración de los muestreos realizados (entre 45 minutos y 3 horas en el caso de los biplanos) es asimismo insuficiente para discernir las componentes mareal y residual en la circulación del sistema estudiado.

Con respecto al modelo hidrodinámico que se utiliza (MIKE 21 HD), debe decirse que sólo es aplicable a sistemas no estratificados. Ello lo hace inadecuado a la Ría, que se estratifica acusadamente en verano por intercambio térmico con la atmósfera y en invierno por los aportes continentales. Sus predicciones son, pues, de dudosa pertinencia para evaluar los cambios en la circulación debidos a la obra proyectada. A título de ejemplo, el informe pretende haber «demostrado que en una ría el principal agente hidrodinámico es el rango de marea», cuando, como ya se dijo, los datos experimentales demuestran sin lugar a dudas que el principal agente dispersante de los materiales en la Ría de Vigo no es la corriente de marea, sino la residual asociada al viento remoto (en la plataforma), no al local. En consecuencia, las conclusiones derivadas del modelo hidrodinámico no pueden considerarse fiables.

Al cabo, y puesto que el modelado del transporte de sedimentos (MIKE 21 ST) se fundamenta en los resultados hidrodinámicos generados por el modelo MIKE 21 HD, tampoco las predicciones a este respecto pueden tenerse por pertinentes, siendo razonable prever que implican una subestimación muy notable del área de dispersión.

´

Pódese atopar o documento completo aquí.



En fin, para que máis...

Pero son ilustrativos tamén os comentarios sobre o mesmo asunto que elaborou o Instituto Español de Oceanografía (IEO), comentarios do mesmo tenor, aínda que máis suaves na forma que podedes atopar aquí.



HIDTMA SL: A fábrica de papel mollado.

Pero non fagan moito caso nin ao IIM-CSIC nin ao IEO: Son científicos e polo tanto non son “institucións independentes”...

Fíense de HIDTMA S.L, que é unha solventííííssssima e independientííísssima empresa privada, avalada por unha amplííísssima traxectoria, tal e como dá conta (ela mesma) na memoria dos “traballiños” que realizou na costa galega (segundo figura na súa páxina web):


Trabajos de HIDTMA en el litoral gallego

TRABAJOS EN PONTEVEDRA
  • Ampliación del Puerto Deportivo de Aguete
  • Análisis del Impacto en las Playas del Puerto Deportivo de Pedras Negras
  • Análisis para el seguimiento de las obras de dragado en el Puerto de Marín
  • Análisis Preliminar del Impacto en las Playas del nuevo Puerto Deportivo de Panxon
  • Anteproyecto de un nuevo muelle adosado al Dique Norte del Puerto de San Ciprián y unos pantalanes en el Portiño de Morás
  • Cartografía y muestreo bionómico del banco de Placeres. Marín - Pontevedra
  • Dinámica Litoral y Análisis de Evolución de las playas de Sanxenxo
  • Estudio Ambiental del Proyecto de Ampliación de los Muelles del Arenal y Comercio del Puerto de Vigo
  • Estudio Ambiental del Proyecto de Ampliación y Reacondicionamiento con almacén frigorífico y muelle de atraque en Punta Chapelisa (Chapela-Redondela)
  • Estudio Ambiental del Proyecto de un muelle en Regasenda - Concello de Redondela
  • Estudio Ambiental del Proyecto muelle de atraque e infraestructuras para diversas instalaciones y servicios en Punta Chapelisa - Ría de Vigo
  • Estudio Ambiental y Definición de la Playa de Laredo - Chapela - Concello de Redondela
  • Estudio complementario al EIA de la expansión del puerto de Marín y Ría de Pontevedra
  • Estudio de agitación de oleaje. Ampliación del dique de defensa del Puerto de Aldán
  • Estudio de Agitación en los nuevos pantalanes deportivos de Moaña
  • Estudio de Agitación Interior en el Puerto de O`grove
  • Estudio de Agitación Interior en el Puerto del Meloxo
  • Estudio de Agitación y Ampliación del Puerto de Moaña
  • Estudio de Calidad de las aguas de la ampliación del Puerto Pesquero de Moaña
  • Estudio de dinámica do litoral da ampliación do porto de Portonovo e Incidencia sobre praia Baltar - Portonovo. I Fase
  • Estudio de Dinámica Litoral de la Ampliación del Contradique de Vilanova de Arousa
  • Estudio de Dinámica Litoral de la Ampliación del Contradique del Puerto de Tragove
  • Estudio de Dinámica Litoral de la Ampliación del Puerto de As Sinas
  • Estudio de Dinámica Litoral en el entorno de la Playa de Meira y la Isla y ensenada de San Bartolomeu
  • Estudio de Dinámica Litoral y análisis de la Evolución de las playas en la zona Portuaria de Sanxenxo
  • Estudio de Evaluación de Impacto Ambiental de la Expansión del Puerto Marín y Ría de Pontevedra
  • Estudio de Gestión del material de dragado en el Puerto de Marín
  • Estudio de impacto de la ampliación del Puerto de Beluso en las playas
  • Estudio de Impacto de la ampliación del Puerto de Domaio en las corrientes
  • Estudio de impacto en la costa de la ampliación del puerto de Aldán
  • Estudio de Impacto en la costa. Puerto Deportivo de La Toja
  • Estudio de la Incidencia de las Instalaciones Portuarias de Sanxenxo sobre la Dinámica Litoral de la costa contigua
  • Estudio de oleaje e impacto sobre las playas de la ampliación del Puerto de Sanxenxo
  • Estudio de propagación del oleaje en la Ría de Vigo
  • Estudio de viabilidad de la Playa de Cambados
  • Estudio del Entorno Costero de Laredo
  • Estudio del impacto de la ampliación del Puerto de Canido en las playas próximas
  • Estudio Impacto en la Playas de la Ampliación del contradique del Puerto de Vilanova de Arosa
  • Impacto de la Ampliación del Dique-Muelle de la Isla de Ons sobre las playas próximas
  • Impacto en la costa de la ampliación del Puerto de Vilanova de Arousa
  • Plan de Seguimiento y Vigilancia Ambiental de la Ampliación del Puerto de Marín y Ría de Pontevedra
  • Proyecto de playa artificial en Sta. María de Oia
  • Proyecto de recuperación de la playa de la Carabuxeira en Sanxenxo
  • Puesta a punto de la aplicación de Modelos Matemáticos de calidad de las aguas en la Ría de Pontevedra
  • Seguimento da estabilidade nas praias do entorno do porto de Pedras Negras
  • Seguimiento Ambiental de las obras de dragado y ampliación del Puerto de Marín – Pontevedra


  • TRABAJOS EN A CORUÑA
  • Analise da ampliación do Porto de Ribeira sobre a praia de Coroso
  • Analise dos Efectos da Ampliación do Dique do Porto de Cedeira
  • Análisis de erosión en el Puerto de Espasante
  • Análisis de los Efectos de la ampliación del Puerto de Ares sobre las playas contiguas
  • Análisis de maniobrabilidad en los muelles de Graneles y Pantanales petroleros del Puerto de La Coruña
  • Asistencia Técnica al Proyecto del Puerto exterior de Ferrol
  • Efecto de la ampliación del Puerto de Ares sobre las playas próximas
  • Estudio de Agitación de la Ampliación del Puerto de Ribeira
  • Estudio de Agitación en diversas fases de construcción del dique de Ferrol
  • Estudio de Agitación en el Puerto de Espasante
  • Estudio de Dinámica Litoral de la Ampliación del Puerto de O'Freixo
  • Estudio de Impacto de la Ampliación del Puerto de Miño
  • Estudio de Impacto de las nuevas instalaciones portuarias de O'sardiñeiro sobre la playa
  • Estudio de Impacto de las Obras del Puerto de Esteiro en la Costa
  • Estudio de Impacto en el entorno de una nueva Dársena Náutico - Deportiva en Santa María de Ortigueira
  • Estudio de Impacto en la costa por la ampliación del Puerto de Ribeira
  • Estudio de incidencia de las obras de ampliación del Puerto de O'freixo en el entorno
  • Estudio de Oleaje y Viento de la Ampliación del Puerto de O'Freixo
  • Estudio de un Puerto Alternativo en La Coruña. Propagación de oleaje en Modelo Matemático
  • Estudio del Efecto del Nuevo Puerto en la Ría de Santa Marta de Ortigueira
  • Estudio del Impacto de la nueva instalación para atraque de Embarcaciones Menores en Perbes
  • Estudio Hidrodinámico y de Renovación de las Aguas de la Ría de Ferrol
  • Plan de Vigilancia Ambiental. Dársena de Oza
  • Plan de Vigilancia Ambiental. Dársena de Oza. Transporte y dispersión de vertidos


  • TRABAJOS EN LUGO
  • Análisis de los efectos de las obras exteriores sobre la playa de Covas en la Ría de Viveiro
  • Análisis de alternativas para el Puerto Exterior de Foz. Propagación de oleaje en Modelo Matemático
  • Análisis de los Efectos de la Ampliación de la Instalación portuaria de Vicedo sobre las Playas Contiguas
  • Análisis Hidrodinámico y de Dinámica Litoral en la desembocadura del río Sor
  • Análisis y Aspectos técnicos para la localización de un nuevo puerto comercial en la Ría de Vivero
  • Asistencia Técnica al diseño del Puerto de Cabo Prior
  • Cálculo de Erosiones en la Playa de Area
  • Estudio de Agitación en el Puerto de Celeiro
  • Estudio de Dinámica Litoral de las obras de defensa de San Cibrao
  • Estudio de Impacto de la ampliación de la Dársena de Porcillán
  • Estudio de Ondas Largas en la ampliación de la Dársena de Porcillán
  • Estudio de Propagación y agitación interior en el Puerto de San Ciprián
  • Estudio de Regeneración de la Playa de Arealonga
  • Estudio Viabilidad de las Obras de Defensa de San Cibrao
  • Estudios de corrientes y Dinámica litoral en la zona de la Ría de Ribadeo
  • Evaluación de Alternativas para la Ubicación del Nuevo Puerto Comercial de Ribadeo
  • Impacto de la Ampliación del Puerto de San Ciprián en la Playa Interior


  • E non sexan vostedes malpensados. Esta gran actividade non significa que estes Srt@s teñan un monopolio coa administración galega: a súa páxina web estende a presunción dese (presuntíísssimo) monopolio a todo o litoral español. Significa simplemente que son competentííssimos na materia. Igualiño que TRAGSA...

    E poderíamos seguir:

    ¿Falamos do emisario submarino que sae da depuradora do Lagares e evacúa no medio da ría, a uns dous quilómetros cara ao norte? ¿Estudiou alguén como circulan as augas nesa zona?. ¿Ou falamos da xa nomeada Foz do Miñor, onde a merda se verte sen taxa nin control algún? ¿Como circulan as augas alí?

    ¿Recordan cando tiñamos un vertedoiro de lixo en Cabo Silleiro? Non hai moito: ¿Quen se preocupou no seu momento de analizar a circulación das augas na zona? ¿Por que a merda penetraba na ría ou se acumulaba entre Barra e Cabo Home?. Caprichos da natureza, sen dúbida. En fin. Consultoras, informes técnicos, informes de impacto ambiental... “plumíferos” de toda índole. Pero nin un só estudio rigoroso científico-técnico para nada: Así nos loce o pelo!



    A modo de conclusión.

    "O meu nome é Ozymandias,
    rei de reis:
    ¡Contemplade as miñas obras,
    e perdede toda esperanza!"

    Nada máis queda.

    Ao redor da decadencia
    das ruínas colosais,
    espida e ilimitada,
    a area solitaria e nivelada
    esténdese na distancia…”

    P.B. Shelley


    O medioambiente é algo moi delicado: un sistema moi complexo e sinérxico que hai que analizar coidadosamente antes de actuar modificándoo de forma irreversible, escapando ao noso control. Pero non queremos dicir que haxa que axeonllarse ante a contorna e refusar intervir sobre ela.

    Cabe o erro nunha decisión, pero non a estulticia. As decisións han de tomarse sobre unha base de sensatez, nunca de forma estúpida.

    Lamentablemente, a estupidez galopa sobre o planeta. Memos integrais, imbéciles que a cagan asinando un papel só para satisfacer a súa vaidade ou o seu peto. Cretinos que non se queren decatar de nada pero que se consideran capacitados para farfallar sobre o que se terce...

    ¡Coidado con eles!

    E se non teño razón, é que estou equivocado
    J.M. Arouet (Voltaire)





    VOLVER Ó MAPA