Cantas persoas queren que cos seus impostos se procure unha mellora no medioambiente? A preservación da biodiversidade, o dereito á vida das especies que poboan a Terra e o intento de preservar a natureza e deixar o medio natural e o medio humanizado en mellores condicións ás xeracións que veñen atrás de nós parecen obxectivos racionais, compartidos pola maioría das persoas de ben, pero tristemente vemos como as políticas locais, autonómicas, estatais e europeas constitúen unha maquinaria destrutiva que esnaquiza calquera intento xusto de mellora medioambiental.
A realidade das rías galegas
Vertido en Coruxo na ría de Vigo
Sobre o papel, moitos dos cartos dos nosos impostos dedícanse á mellora medioambiental. Máis de 25.000 millóns de euros ten recibido Galiza de fondos europeos para o suposto obxectivo de acometer un saneamento real das Rías. Porén, a realidade mostra unha xestión indebida de tales fondos (cando menos nos aspectos técnicos e económicos, e probablemente tamén no legal), traducida nun aumento imparable da contaminación nas Rías. A construción de redes unitarias que contaminan as augas pluviais ao mesturalas coas augas residuais; un conxunto de depuradoras deficitarias, cando non inoperativas, a ausencia de interconexións que permitan transvasar auga contaminada dunha depuradora ás outras en caso de avería; a ausencia total de predepuración de augas industriais; a falla de mantemento das redes xerais; os erros na instalación de colectores e as fallas nos bombeos, non parecen formas axeitadas de conseguir mellora ningunha. O resultado son centos de puntos negros de contaminación en toda a costa galega, censados cada ano pola propia administración pública a través dos informes de Augas de Galicia.
Vertido na saída da depuradora de Cangas
A privatización do saneamento e do abastecemento de augas municipais, modelo de liberalización dos servizos públicos que tanto lle gosta á UE, provoca que os concellos e a administración pública se desentendan das súas obrigas e as empresas concesionarias incumpran os seus contratos en materia de construción de infraestruturas e canalizacións ou mesmo de posta en funcionamento de fases de depuración, por exemplo, o tratamento terciario bacteriolóxico instalado con fondos públicos pola propia Xunta de Galicia na EDAR de Cangas.
Os obxectivos economicistas que marcan á empresa privada, tradúcense en falla de inversións en mantenemento, en inoperatividade puntual de sistemas de bombeo e de depuración de augas residuais, especialmente cando chove torrencialmente ou polas noites, diluíndose de xeito oculto unha vez máis as augas residuais sen depurar cara ao medio acuático ou mariño.
Vertido á saída da depuradora de Redondela
A isto hai que engadir o grave impacto ambiental das obras realizadas incorrecta ou neglixentemente para aforrar cartos en tuberías e sistemas de bombeo. Os colectores sitúanse na beira do ríos e regatos, ou no seu propio leito; tamén se sitúan en primeira liña de costa, esburatando acantilados, estragando cantís e rochedos, ocupando dunares e instalándose mesmo dentro da ribeira do mar, nas propias rías, en solo rústico de especial protección.
E a todo isto súmaselle unha irresponsable insistencia na especulación urbanística, materializada en Plans Xerais de Ordenación Municipais que aínda hoxe, tras varios anos de crise, se deseñan moi por enriba das previsións demográficas reais e da capacidade de acollida do territorio. Isto impide toda planificación racional do abastecemento de agua potable e da depuración das augas residuais.
Os políticos ante o problema
Pero... hai alguén máis comprometido coa defensa do medioambiente que os/as nosos/as gobernantes? Oídeos: sempre obrando de boa fe, traballando incansables na procura do ben común, abandeirados das loitas contra as desigualdades sociais, a corrupción e o paro, Reis da sostibilidade, Marqueses da ecoloxía, Condes da biodiversidade... Resulta que o único culpable de todos estes feitos é a dura realidade, que cunha teimuda ousadía gáñalle todas as batallas, día a día, a estes baluartes da nosa sociedade. Baste unha ollada a nosa hemeroteca para dar fe diso.
O programa do PP para as vindeiras eleccións europeas 2014, na súa páxina 28, retrata o sentir medioambiental da clase política dominante:"
"...En cuanto a la directiva de depuración, trabajaremos para que la Unión Europea sea más flexible, en atención a los plazos y las circunstancias, de modo que los procedimientos relacionados con el incumplimiento de plazos no lleguen a suponer sanciones económicas". Programa do PP para as eleccións europeas 2014.
|
Ría do Burgo na Coruña
- Por que non se fala de contención, máis aínda, de decrecemento urbanístico?
- Por que non se acomete un saneamento racional, integral e descentralizado?
- Por que non se planifican redes de depuradoras de tamaño reducido, distribuídas segundo as concas fluviais do territorio e debidamente interconectadas para transferirse carga de contaminación en caso de avería?
- Por que non se constrúen redes separadoras de augas pluviais e residuais?
- Por que non se obriga ao tratamento en orixe das augas residuais inorgánicas e industriais?
- Por que non se acomete a regulación e racionalización do ciclo da auga (consumo de auga potable e non potable segundo usos, minimización da xeración de augas residuais, aproveitamento ecolóxico e de uso das augas depuradas)?
- Por que non se sitúan os sistemas de depuración fóra dos espazos naturais teoricamente protexidos?
- Por que non se aplica estrictamente a Directiva Marco da Auga?
- Por que non se acomete a redución do excesivo parque acuícola de monocultivos mariños que estragan a pesca e a biodiversidade das rías?
- Por que non se deseñan campañas intensivas de concienciación para a redución en orixe, ata a súa eliminación, dos residuos sólidos que tralo seu verquido marítimo e levados pola dinámica litoral arriban en grandes cantidades aos areais da franxa supralitoral?
Lixo arribado na praia da Xunqueira en Moaña
- Por que non se decreta a prohibición de todo novo recheo e dique portuario, mesmo sobre pilotes?
- Por que non se promove a pesca responsable fóra de monopolios empresariais e produtivistas, a creación de reservas ou áreas mariñas protexidas, e a protección real e efectiva dos espazos protexidos galegos?
|
As persoas de ben estamos fartas desta pretendida infalibilidade gubernamental, e da súa proverbial impunidade. Esixir o cumprimento das leis estase a converter nun feito revolucionario que se volve moitas veces contra nós, mostrando a sinrazón deste mundo inintelixible.
Unha vez máis este absurdo ven de ser confirmado desde Bruxelas cun informe da comisión de peticións do parlamento europeo sobre a contaminación das rías galegas, que describe un escenario no que non hai culpables, no que por non haber non hai case nin contaminación. Se non fose porque estabamos presentes cando viñeron os membros da comisión e os seus políticos acompañantes, habiamos dubidar da súa presenza nas rías.
Membros de comisión europea na súa visita ás rías galegas
E como non hai regra sen excepción, é xusto recoñocer a máis que digna contribución de dous membros da comisión: a austriaca Angelika Werthmann, da Alianza dos Liberais e Demócratas por Europa, e a letona Tatjana Zdanoka, dos Verdes-Alianza Libre Europea, que se negaron a que aparecesen os seus nomes e sinaturas no informe final, dado o seu frontal desacordo co presidente da comisión. Este, Philippe Boulland, do Partido Popular Europeo, tiña a última palabra e, cos votos do PP e do PSOE, sumou ás complicidades municipal, autonómica e estatal á europea, levando ás rías galegas a un campionato europeo de espazos contaminados, e deixando ás galegas e galegos reos dun crecemento incontrolado e insustentable.
As rías galegas están a bater records
Porto exterior da Coruña en Punta Langosteira
Estanse a bater records en contido de metais pesados e contaminación química e biolóxica; en recheos faraónicos, en portos exteriores que se revelan innecesarios ou inútiles para o seu cometido; na ocupación e degradación das súas augas e do seu leito mariño polos recheos dos portos interiores e dos portos deportivos; nos efectos dun desmesurado tráfico de cargueiros, petroleiros, gaseiros e transatlánticos, na proliferación de parques industriais na misma liña do mar, de novas e impactantes autovías que co aumento do tráfico viario, desaugan residuos de hidrocarburos, metales pesados e aceites ás redes fluviais e de aí as rías, na arribada e acumulación de cinzas nos fondos mariños procedentes dos incendios forestais fruto da intencionalidade humana e da nefasta política forestal, e nas consecuencias dos pelotazos urbanísticos.
ENCE na ría de Pontevedra
A degradación das rías por causas industriais ofrece exemplos palmarios de erros antigos con perseverancia nos mesmos: a permanencia das contaminantes factorías de ENCE-ELNOSA en Lourizán, a refinaría de petróleo na Coruña, a factoría de Alúmina-Aluminio en San Cibrao, a consolidación das plantas de gas natural de REGANOSA en Mugardos ou factoría de Ferroatlántica na ría de Corcubión, son exemplos evidentes.
A EDAR de Vigo, cuxa defectuosa planta anterior foi construída hai ben poucos anos e con fondos europeos, invadindo o dominio público marítimo-terrestre e o ecosistema natural da Xunqueira do Lagares, está a ser destruída e levantada de novo no mesmo lugar. Esta planta repite os erros de deseño da planta orixinal e non resolve os problemas estruturais do saneamento de Vigo (unha soa EDAR, unha rede de saneamento unitaria e ausencia de depuración de augas industriais en orixe). Isto supón a consolidación dos problemas actuais: avería periódica dos sistemas de depuración, e contaminación recurrente da Ría por descargas do sistema unitario en caso de choiva, sobre todo cando é torrencial, pero tamén supón un agravamento destes problemas ata un nivel calificable de ameaza de catástrofe ambiental en caso de avería ou en caso de afluencia dun maior caudal temporal das augas residuais a tratar. Estes feitos, unidos á falta de saneamento de moitos núcleos de poboación, e ás deficiencias do resto das depuradoras da ría, especialmente as de Redondela e Cangas, conforman as condicións idóneas para o desastre.
Manifestación en Vigo o 14 de novembro do 2009: OS RECHEOS MATAN A RÍA
O valor das rías galegas
As rías galegas sempre conformaron unha das zonas costeiras de máis alta produtividade biolóxica do mundo, e teñen unha excepcional relevancia xeolóxica, natural, paisaxística, social e cultural. Pero os ataques continuos a estes valores están a poñer en perigo a posibilidade de autorecuperación das rías.
A pesca extractiva xera só na ría de Vigo preto de 30.000 empregos e, polo tanto, é a primeira empresa da comarca. Porén, este excepcional recurso natural e ben público contempla como as multimillonarias axudas europeas non se utilizaron para mellorar a gravísima situación actual, con tendencia a empeorar, mentres as subvencións municipais, autonómicas e estatais recaen sempre en empresas privadas.
Que perverso milagre obran as palabras dos políticos nos oídos das persoas para que a vibración dunhas simples cordas vocais fagan ignorar a crúa realidade?
Tampouco esta vez será Bruxelas quen, dende o seu aparato burocrático, potente en medios e parco en inspeccións, poña no seu sitio as cousas, sinale os culpables, cambie o rumbo e poña a razón e a sustentabilidade por riba dos intereses políticos, macroeconómicos e transnacionais que por desgraza siguen a prevalecer a nivel europeo e mundial.
Como no poema de Manuel Antonio,
fomos ficando sós
o mar e nós…
Sós.
Estamos sós. A insólita soidade da maioría que, calada, paga e sofre toda esta farsa.
|
Para a realización de este artigo, agradecemos a colaboración
das compañeiras e compañeiros da rede A Ría non se vende
Vigo, 25 de maio de 2008. Manifestación contra os recheos na ría. A Ría non se vende.
Hemeroteca
Data | Xornal | Titular |
25/11/2006 | Faro de Vigo | Cada día se vierten a la ría de Vigo 166 millones de litros contaminantes |
17/12/2006 | La Voz de Galicia | Detectan en aguas de A Guía sustancias tóxicas prohibidas y muy contaminantes |
06/02/2007 | Faro de Vigo | La Xunta se compromete a sanear la ría en cuatro años con 209 millones de inversión |
10/04/2007 | La Voz de Galicia | La contaminación obliga a Pesca a cerrar al marisqueo Baiona |
06/06/2007 | La Voz de Galicia | Detectan en aguas de A Guía sustancias tóxicas prohibidas y muy contaminantes |
08/06/2007 | La Voz de Galicia | Los científicos advierten de que la ría tardará milenios en depurar los vertidos |
31/08/2007 | La Voz de Galicia | Nueve rías tienen áreas cerradas al marisqueo por la alta contaminación |
11/09/2007 | Faro de Vigo | La Fiscalía abre diligencias al ver indicios de delito en la contaminación de las rías |
08/10/2007 | Faro de Vigo | El fiscal dirige su investigación sobre vertidos en las rías hacia las depuradoras municipales |
11/11/2007 | Faro de Vigo | Juan José González, Jefe de Contaminación Marina del Instituto Español de Oceanografía: ´El Puerto debe ordenar sus espacios antes de pensar en más rellenos´ |
13/12/2007 | El País | La contaminación en las rías cuesta 15 millones al año |
29/01/2008 | La Voz de Galicia | El 63% de las aguas costeras gallegas tienen alta concentración de fecales |
26/03/2008 | La Voz de Galicia | Tui, Mos, O Porriño y Salceda llevan dos años sin estrenar su depuradora |
07/04/2008 | La Voz de Galicia | As grandes cidades galegas aínda depuran deficientemente as súas augas |
26/05/2008 | El País | Un millar de personas se manifiesta en Vigo contra la degradación de la ría |
03/07/2008 | Faro de Vigo | La Ría de Vigo se sitúa entre los diez puntos del litoral español más contaminados |
23/07/2008 | Faro de Vigo | Barcos de recreo, pesqueros y mercantes causan el ruido submarino en Galicia |
14/09/2008 | Faro de Vigo | ¿Nos importa la Ría de Vigo? |
18/11/2008 | Faro de Vigo | A macrodepuradora de Vigo acabará coa polución da ría no 2011 |
14/12/2008 | Faro de Vigo | Medio Ambiente localiza 149 vertidos de aguas fecales y residuales a la Ría en ocho municipios |
18/01/2009 | Faro de Vigo | Investigadores advierten de la pérdida de bancos pesqueros y seis especies en la Ría |
25/02/2009 | La Voz de Galicia | El colectivo ´A Ría non se Vende´ convoca una manifestación el viernes contra la macrodepuradora |
11/05/2009 | Faro de Vigo | Medio Ambiente sancionó sólo 12 vertidos a la Ría en 2008 pese a detectar 149 focos contaminantes |
18/06/2009 | La Voz de Galicia | Doce rías incumplen la normativa ambiental de la UE desde 2005 |
07/08/2009 | Faro de Vigo | Medio Ambiente descubre 7.073 puntos de vertido, el doble que hace un año |
04/10/2009 | La Voz de Galicia | Casi 400 de los puntos de vertido que soportan las rías gallegas son graves |
08/10/2009 | La Voz de Galicia | Las depuradoras castigan la ría viguesa |
09/10/2009 | La Voz de Galicia | El deficiente saneamiento afea la belleza de las rías de A Mariña |
11/10/2009 | La Voz de Galicia | El agujero negro de A Coruña |
12/10/2009 | La Voz de Galicia | Ría de Ferrol: Un ecosistema en estado crítico |
14/10/2009 | La Voz de Galicia | Las aguas residuales cierran los bancos de almeja de Corcubión |
16/10/2009 | La Voz de Galicia | Pontevedra se acerca a su límite |
17/10/2009 | La Voz de Galicia | Rías, décadas de agresiones y promesas |
10/12/2009 | El País | Escombros del AVE para rellenar la ría |
29/01/2010 | La Voz de Galicia | Bruselas ve en Vigo un ejemplo de violación de las leyes de la UE sobre aguas residuales |
30/01/2010 | La Voz de Galicia | La verdad sobre la intoxicación en la ría de Vigo |
01/04/2010 | Faro de Vigo | Cuatro años después de la condena, sigue vertiendo cada día 166 millones de litros contaminantes |
15/04/2010 | La Voz de Galicia | La depuradora de Tui empieza a funcionar |
14/05/2010 | La Voz de Galicia | Bruselas investiga la toxicidad de las aguas de la ría de Corcubión |
13/06/2010 | La Voz de Galicia | Solo 3 vertidos al mar reciben multas cada año |
01/07/2010 | El País | Los mariscadores rechazan que se abra la ría coruñesa |
02/07/2010 | La Voz de Galicia | La rías de Vigo y Ferrol reciben banderas negras por su degradación |
03/07/2010 | La Voz de Galicia | Un paseo entre heces y moluscos por la ría coruñesa de O Burgo |
22/07/2010 | La Voz de Galicia | El sistema de desinfección de la depuradora de Cangas no funciona |
29/07/2010 | La Voz de Galicia | Galicia pierde bancos marisqueros por el aumento de la contaminación |
29/07/2010 | Faro de Vigo | La calificación del marisqueo en Baiona baja a B y se prohíben capturas en la Foz del Miñor |
03/08/2010 | El País | La ría de Vigo tardará otros cuatro años en quedar descontaminada |
05/10/2010 | El País | La ampliación de Alvedro amenaza el marisco de la ría |
10/10/2010 | Diagonal web | Ría de Vigo: tecendo redes polo medio |
23/10/2010 | El País | La ampliación de Alvedro amenaza el marisco de la ría |
21/02/2011 | La Voz de Galicia | La UE prohíbe a la Xunta vender marisco de zonas contaminadas |
28/02/2011 | Faro de Vigo | Miles de personas salen a la calle en Vigo contra los rellenos portuarios en la ría |
17/03/2011 | La Voz de Galicia | Los mariscadores impulsan un manifiesto para sanear las rías gallegas |
26/03/2011 | Faro de Vigo | Las denuncias por vertidos se duplican en un año pero las multas caen un 42% |
11/04/2011 | Faro de Vigo | Medio Ambiente ordena vigilar 119 depuradoras municipales para frenar los vertidos |
14/04/2011 | La Voz de Galicia | Mariscadores de O Burgo detectan más contaminación fecal en la ría |
15/04/2011 | La Voz de Galicia | La UE condena el saneamiento deficiente en 9 concellos gallegos |
02/05/2011 | Faro de Vigo | Medio Ambiente detecta contaminación en un tercio de las aguas costeras de Galicia |
28/07/2011 | Faro de Vigo | La contaminación por plomo se extiende por la Ría de Vigo, que tiene el nivel más alto de Galicia |
30/07/2011 | Faro de Vigo | Bandera negra para los rellenos, la depuradora, A Guía y A Laxe |
09/09/2011 | El País | Bruselas tacha de "sangrante" la contaminación en O Burgo |
06/10/2011 | La Voz de Galicia | Los mariscadores acampan frente a la Xunta en Ferrol para urgir la recuperación de la ría |
28/10/2011 | La Voz de Galicia | Los mariscadores vuelcan mejillones y restos de la ría frente al Ayuntamiento de Narón |
21/03/2012 | El País | Críticas de las cofradías al retraso de la expedición de la UE a las rías gallegas |
25/03/2012 | La Voz de Galicia | La contaminación que pasa factura |
26/04/2012 | El País | La historia escrita en los vertidos |
28/05/2012 | Faro de Vigo | Una nueva inspección detecta "indicios de vertido" en 43 puntos de la costa viguesa |
18/07/2012 | El País | Firmas acuícolas podrán contaminar la Red Natura si dan "compensaciones" |
13/02/2013 | La Voz de Galicia | La Eurocámara tarda 14 años en comprobar el estado de las rías |
13/02/2013 | Faro de Vigo | Nadie se responsabiliza ante la UE por años de contaminación en las rías |
13/05/2013 | Faro de Vigo | Cangas acusa a Acciona de verter aguas residuales a la ría incluso cuando no llueve |
09/07/2013 | El País | Los vertidos de Ferrol llegan a Bruselas |
16/07/2013 | El País | Los vertidos disfrazados de Ferrol |
03/10/2013 | La Voz de Galicia | La producción marisquera en la ría de Vigo baja a la mitad en 5 años |
30/10/2013 | La Voz de Galicia | Las rías de Vigo y Ferrol son las más contaminadas por cobre de toda la costa de Galicia |
10/11/2013 | La Voz de Galicia | El mercurio campa a sus anchas por la ría de Vigo |
18/12/2013 | La Voz de Galicia | La contaminación por cadmio persiste en la ría de Corcubión |
02/01/2014 | El País | Medio Ambiente renueva los permisos ambientales de Ence y Elnosa |
13/01/2014 | La Voz de Galicia | La mayor parte de las depuradoras gallegas no desinfectan sus vertidos |
18/01/2014 | El País | Un estudio halla graves índices de cobre plomo y arsénico en la ría de Arousa |
11/03/2014 | Faro de Vigo | El PP reconoce en el Congreso la ´vergüenza del gasto injustificado´ en Punta Langosteira |
24/03/2014 | Faro de Vigo | Un vertido arrasa la fauna piscícola del Lagares entre Miraflores y su desembocadura en Samil |
24/03/2014 | Faro de Vigo | El Lagares soporta 44 puntos de vertido y desde 2008 solo se consiguió multar a siete empresas |
Comentarios actuais
2 comentarios até agora (pon o teu)Hola, mi nombre es Iván GarcÃa y soy periodista de cuatro. Estamos preparando un reportaje sobre los problemas que tiene la ria de pontevedra. ¿podéis ayudarme?
Gracias
Iván GarcÃa
606 410 492
Autor: Iván GarcÃa o Venres, 18.03.16 @ 12:27pm | #160
La Administración no quiere, no le interesa,no se cual es el problema, nosotros presentamos un Equipo para el control de los vertidos para cualquier sistema de depuración y ni caso prefieren tener una arqueta toma muestras donde podrÃa contar mil y una estrategia para no depurar
Saludos.
Autor: Luis Garcia o Xoves, 10.11.16 @ 12:54pm | #161