http://www.salvemosmonteferro.org
Monteferro, 17 de xullo de 2016:




A Foz do Miñor: Lugar de Especial Interese Paisaxístico (LEIP).





A Foz do Miñor: Lugar de Especial Interese Paisaxístico.


Algunhas das asociacións que compoñen a Plataforma pola protección da Foz do Miñor entre as que se atopa Salvemos Monteferro, fixeron alegacións ao Catálogo das Paisaxes de Galicia, solicitando a inclusión no mesmo da Foz do Miñor como Área de Especial Interese Paisaxística (AEIP).

O resultado foi a estimación parcial da solicitude e a declaración da Foz do Miñor como Lugar de Especial Interese Paisaxístico (LEIP).


Esta é unha medalla máis a engadir á larga lista de figuras de protección das que pode presumir a Foz do Miñor, figuras que levan aparelladas lexislación que deberían protexela medioambientalmente, como son:

 

Lástima que ningunha delas sirva polo de agora para que as administracións poñan freo, dunha vez por todas, aos diversos ataques medioambientais que está a sofrer a zona desde hai demasiado tempo.

Non será por medallas. Non será por lexislación. Non será por valores a preservar. Non será por paisaxe. Non será pola cidadanía que respondeu moi positivamente á chamada desta Plataforma.


Por que será? Preguntámonos.