Acceso directo á nova.
Salvemos Monteferro
Nova 935


La Voz de Galicia

GALICIA


Monteferro será declarado Paisaxe Protexida


A Consellería de Medio Ambiente inicia os trámites para a protección legal


A visita do conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, serviu tamén para que a comunidade de montes de Monteferro chegase a un acordo con el en relación á situación de desprotección que sofre este espazo. Un baleiro que será corrixido mediante a declaración de Monteferro como paisaxe protexida, o que dotará ao monte dunha figura legal de protección. «Actualmente non ten máis protección que as normas do concello e claro, estas poden ser modificadas polos alcaldes se así o desexan», comenta o presidente da plataforma Salvemos Monteferro, Xosé Reigosa.

Agora reuniranse técnicos de Medio Ambiente e integrantes da comunidade de montes para estudar como executar a medida. «A declaración de Monteferro como paisaxe protexida farase seguindo un itinerario de participación, transparencia e acordos», confesa o conselleiro de, Manuel Vázquez.

«Esta actuación é importante, evitará que se esnaquice o único espazo natural que queda na ría de Vigo e pechará o paso á especulación», comenta Xosé Reigosa. Ademais, «as subvencións que se outorgan a estes espazos servirán para mellorar a vexetación, que nestes momentos é escasa», continúa.

O presidente da comunidade de Montes, Manuel Alejos, móstrase satisfeito coa noticia e espera que sexa executada, para o que se necesita o acordo de todos, tanto dos comuneiros como de Medio Ambiente e o Concello», comenta. «Vimos un compromiso serio por parte do conselleiro», di Manuel.




Atrás
Nova Anterior Índice dos Recortes Nova Seguinte