Acceso directo á nova.

RECORTES DE PRENSA

Nova 822


La Voz de Galicia

GALICIA

Medio Ambiente prohibe a caza na Madroa e Monteferro
08/05/2008 | Juanma Fuentes

A Consellería sinalizará as zonas afectadas para tranquilidade dos veciños



A Consellería de Medio Ambiente enviou ao Diario Oficial de Galicia a orde pola que se prohibe a práctica da caza no monte vigués da Madroa e en Monteferro, no veciño municipio de Nigrán. Desta forma aplica unha decisión acordada fai agora un ano na Mesa Provincial de Caza e que desde entón estaba pendente de aplicación.

A decisión foi trasladada en persoa ao goberno vigués polo delegado provincial de Medio Ambiente, Juan Francisco Froján. Na reunión que mantivo co alcalde, Abel Caballero, e coa concelleira de Medio Ambiente, Chus Lago, anticipou que a decisión será executiva de xeito inmediato, polo que non poderá practicarse en ambos os lugares a caza cando se abra a tempada o próximo mes de outubro.

A eliminación da caza nestas zonas adoptouse fai un ano tras numerosas polémicas por situacións de risco orixinadas por cazadores. Nunha delas estivo en situación de risco o entón presidente da comunidade de montes de Teis, parroquia xunto con Candeán titular da Madroa.

Denuncias

A existencia de numerosos veciños nestas áreas próximas ao centro urbano e a masiva asistencia que reciben instalacións como o zoológico da Madroa, os campos do Celta ou o miradoiro sobre a ría foron o detonante da decisión.

Polo que se refire a Monteferro, o Servizo de Protección da Natureza (Seprona) da Garda Civil recibira tamén numerosas denuncias de persoas que se sentían atemorizadas polos disparos de cazadores. Un club ciclista que adestra a nenos nesta zona rural foi o que levou o peso das xestións erradicar esta actividade en Monteferro.

Froján xustificou o atraso da prohibición desde que se decidiu fai máis dun ano na complexidade dos trámites administrativos. O delegado da Xunta asegurou que esta decisión, que conta co respaldo da federación de caza, «devolverá a tranquilidade ás persoas que pasean por ámbalas dúas zonas». #\\ e Lago felicitáronse igualmente pola entrada en vigor do veto á caza e o alcalde sinalou que desde que tomou posesión realizou numerosas xestións para que se puxese en marcha.

Á marxe da medida queda a zona contigua ao campus de Marcosende. Os responsables universitarios denunciaron tamén en numerosas ocasións ante o Seprona a presenza de cazadores, pero sen resultado.




Atrás
Nova Anterior Índice dor Recortes Nova Seguinte