Acceso directo á nova.

RECORTES DE PRENSA

Nova 799


La Voz de Galicia

GALICIA

A depuradora de Baiona estará operativa a finais do 2009
16/04/2008 | Mónica Torres

As instalacións custarán 28 millóns e evitarán calquera vertedura á ría



Recreación virtual da estación que estará localizada en Cabo Silleiro, a cinco quilómetros do centro urbano

Xa hai unha data concreta para a resolución definitiva do maior problema ambiental de Baiona. O rexedor local anunciou onte que en dous meses comezará a construción da primeira estación depuradora de augas residuais do municipio.

O concurso para a súa construción e manteminiento durante os próximos vinte e cinco anos foi ajdudicado á empresa Copasa, que deberá presentar antes de xuño o proxecto de obra para a que o goberno local licite a actuación.

A partir de aí ábrese un novo prazo, de 18 meses, para que a depuradora estea preparada e poida entrar en funcionamento a finais do próximo ano. Ademais da instalación, que estará localizada na zona de Cabo Silleiro, o proxecto inclúe a ampliación da estación de bombeo da parroquia de Baredo e unha nova baixo o Paseo de Pinzón. Desde estes dous puntos, conduciranse as augas residuais ata a estación depuradora, a través de novas conducións de 2,5 e 4,5 quilómetros respectivamente. O custo total da intervención superará a previsión inicial e ascenderá a 28,3 millóns de euros.

O alcalde, Jesús Vázquez Almuíña, confirmou que o proxecto canta xa co visto e prace das administracións implicadas, Medio Ambiente e Costas. Tamén haberá que coordinarse con Política Territorial para realizar a nova estación do Paseo Pinzón e a canalización xa que afecta á estrada principal, que é de titularidade autonómica.

Tanto o rexedor como o edil de Vías e Obras, Manuel Vilar, destacaron que o impacto visual das instalacións será «mínimo, xa que están na parte baixa de Silleiro e fóra da liña de costa, polo que non van hipotecar o futuro da zona, de gran valor ambiental». Ademais, manifestaron que se trata de tecnoloxía punteira, polo que tamén está asegurada a inexistencia de malos cheiros na zona».

A súa localización afastada de zonas residenciais foi aprobada por unanimidade plenaria, tras a proposta de ata oito emprazamentos alternativos.

Capacidade

A nova infraestrutura está pensada para unha capacidade de 36.000 habitantes, o triplo da poboación censada no municipio. Só supera esa barreira en época estival. A cifra é tamén proporcional ás expectativas de crecemento demográfico que prevé a achaiadura urbanística a 25 anos vista.

Vázquez Almuíña destacou, por outra banda, que, paralelamente, acometerase a separación de pluviais e residuais xa que, paradógicamente, pese ao desfasamento poboacional do verán, «hai moito máis caudal no inverno». Esta intervención persegue ademais optimizar o sistema da nova estación e aliviar unha carga innecesaria. O rexedor afirmou que «Baiona, é un dos Concellos que ten unha maior porcentaxe de saneamento, xa que dá cobertura ao 95 por cento da poboación».




Atrás
Nova Anterior Índice dor Recortes Nova Seguinte