Salvemos Monteferro
Nova 64


La Voz de Galicia
Recollen 9.000 firmas de rexeitamento á ampliación do vial de Monteferro

11/05/2006 | La Voz | Nigrán


A plataforma cidadá Salvemos Monteferro entregará mañá sábado a partir das doce do mediodía máis de 9.000 firmas que recolleron en contra do proxecto da Diputación para a ampliación de subida a este espazo natural.

Os portavoces da agrupación entregarán no rexistro municipal unha copia do seu proxecto alternativo, que aposta por un sostenible da península de Monteferro . Ao mesmo tempo, invitan a todos os seus simpatizantes á concentración cidadá que se celebrará a esa hora ante a Casa Consistorial de Nigrán.

Desde a Praza da Independencia de Vigo sairá unha marcha ciclista ás dez e media da mañá, organizada polo grupo ecologista Verdegaia. Trala concentración haberá unha comida campestre.

Esta plataforma oponse á tala indiscriminada e á progresiva urbanización desta contorna natural de Nigrán.




Atrás
Nova Anterior Índice dos Recortes Nova Seguinte