Conductores e varios ciclistas remataron a xornada ante as obras do porto deportivo de Balea
Convocados por once plataformas e colectivos ecoloxistas, máis de duascentas persoas percorreron nunha caravana de coches e bicicletas a costa da ría de Vigo para denunciar as agresións que sofre o litoral con urbanizacións, recheos, novos peiraos, portos deportivos e depuradoras que non funcionan axeitadamente.
Participaron un cento de vehículos e unha ducia de ciclistas, que marcharon custodiados pola Guardia Civil excepto no paso por Vigo, onde esperaban a presenza da Policía Local que finalmente non se presentou, o que ocasionou a perda de parte dos participantes, que se reagruparon posteriormente no camiño hacia Redondela.
Perto das tres da tarde, a caravana chegou a Massó, onde a esperaba con gaitas e viño una representación do Foro Social pola Defensa do Pobo, un dos colectivos convocantes, que fai hoxe 14 meses que leva paralizando as obras do porto deportivo que promove Marina Atlántica.
Os manifestantes quixeron deixar constancia con este percorrido da existencia de 15 «puntos negros especialmente dañinos» ao longo da costa.
As obras ou proxectos que denuncian son as urbanizacións de Monteferro, A Laxe (Vigo), O Real, Concepción Arenal e O Ramil (Moaña) e O Salgueirón (Cangas); as depuradoras de Lagares, Bouzas, Redondela, Arcade, Vilaboa, Moaña e Cangas; os portos deportivos de Canido, A Lagoa, Moaña e Massó; a ampliación do porto de cruceiros de Vigo, a ampliación do peirao de Rodas, nas Cíes; e os recheos de Bouzas, Chapela, Rande e Massó.
Os manifestantes entenden que «este conxunto de despropósitos» está a poñer en perigo os recursos pesqueiros. Afirman que, en moitos casos, as ampliacións portuarias esconden operacións especulativas.
A caravana finalizou en Massó (Cangas), ao lado da vella fábrica conserveira e das obras de recheo coas que a empresa Marina Atlántica iniciou fai 14 meses o porto deportivo de Balea.
Os manifestantes quixeron render así unha «merecida homenaxe», en palabras dun dos organizadores, ao pequeno grupo de veciños que dende o 3 de octubre do ano 2005, data na que se iniciaron as obras do porto deportivo, se presenta no lugar todos os días laborables impedindo a entrada dos camións.
A marcha rematou cunha comida e a actuación duns gaiteiros na cabeceira do peirao da antigua factoría Massó, mesmo a rentes do recheo proxectado, e coa lectura dun manifesto que fai referencia ás «permanentes agresións ao equilibrio ecolóxico» da ría, ao desorde urbanístico «froito da cultura do ladrillo», entre Monteferro e O Salgueirón.
A costa, dicen os convocantes, está «sementada» de industrias e almacéns cuxa actividade non xustifica esa ubicación.
![]() |
![]() |
![]() |