Mañá domingo, a Xunta de Galicia, a Comunidade de Montes de Chandebrito e o Clube Espeleolóxico Maúxo organizan unha xornada de divulgación do patrimonio histórico da parroquia de Chandebrito.
A partir das dez da mañá terá lugar no local social do torreiro de Chandebrito unha conferencia titulada «O castro de Chandebrito e a prehistoria en Galiza», impartida por Carmen Torres Bravo, arqueóloga profesional da empresa Anta de Moura e directora da excavación realizada no ano 2001 neste castro. A partir das once horas partiráse dende o local social pola ruta histórica e etnográfica deseñada por Xavier Groba e Carlos Gómez, membros do Clube Maúxo e da Comunidade de Montes respectivamente, guiada por éstes, que darán a coñecer algúns dos elementos históricos e etnográficos máis salientables desta parroquia.
Para elo, este ano realizáronse tarefas de limpeza nalgúns camiños por parte de varios voluntarios coa finalidade de integrar o trazado destes camiños de interese etnográfico nunha ruta duns 5,5 kilómetros, deseñada para visitar os principais elementos de interese cultural desta parroquia a través de antigos camiños empedrados en perfecto estado de conservación.
Esta actuación enmárcase nunha serie de actividades promovidas ou participadas pola comunidade de montes de Chandebrito, que intenta divulgar e requerir das administracións competentes a conservación e posta en valor de todo o patrimonio cultural existente nesta parroquia si se preserva pode dar a ésta unha proxección de futuro, en contra da especulación.
![]() |
![]() |
![]() |