Acceso directo á nova.
Salvemos Monteferro
Nova 6980
ValMinor.Tv


GALICIA

08/08/2016 | Alberto Ridríguez
   

A cuarta edición do "Flota como Poidas" reuniu 19 artefactos flotantes no Miñor




Ao redor de 70 inscritos con 19 artefactos flotantes sen motor participaron na tarde deste domingo 7 de agosto na cuarta edición da xa tradicional concentración "Flota como Poidas", organizada polo Concello de Nigrán.

A travesía desenvolveuse desde unha das ramplas de acceso ao Río Miñor na ponte da Ramallosa, navegando en sentido descendente para virar na punta da Ladeira e regresando cara o mesmo punto, onde os participantes puideron gozar dun refrixerio, e onde se realizou a entrega de premios.

O premio para o artefacto máis currado foi para “Agua Fiestas”, a tripulación máis simpática foi a de “Villa Chochete”, o premio á familia máis intrépida e participativa foi para “Viveiro”, “Flotaolímpicos” foi o artefacto máis cutre, e ”Piratas del Casino” levouse o premio Titanic. O participante de máis idade foi Bonifasto, do artefacto “Vivero”, e o de menos idade Leo, un dos integrantes de “Os Granxeiros”.




Atrás
Nova Anterior Índice dos Recortes Nova Seguinte