|
PRESENTACIÓN
Varias asociacións e colectivos do Val Miñor, organizamos estas Primeiras Xornadas de Urbanismo de Nigrán co obxectivo de que os veciños e veciñas da comarca continúen o debate necesario sobre o seu futuro; debate que comezou hai xa algún tempo e que nesta altura queremos avivar. As Xornadas inaugúranse o próximo día 3 de Marzo coa intervención do profesor Xosé M. Souto González.
Calquera estudio arquitectónico ou urbanístico --o deseño dun novo Plan Xeral de Ordenación Municipal para Nigrán-- deberá antepoñer o interese xeral ao interese particular, o interese da maioría dos veciños e das veciñas de Nigrán fronte a intereses especulativos ou de enriquecemento rápido de catro espabilados. Pensamos que este é o criterio a ter en conta cando falemos de planeamento:
O planeamento de Nigrán deberá ser elaborado por todas e por todos nun proceso democrático e transparente. Sirvan estas Xornadas como elemento de reflexión por un Nigrán mellor, nun Val Miñor máis acolledor e saudable.
|