http://www.salvemosmonteferro.org Monteferro, 21 de Xunio de 2008:

Hoxe é un día especial para nós.
Na prensa do día, nomeadamente na Voz de Galicia deste 21 de xuño de 2008, aparece esta nova que queremos resaltar:



La Voz de Galicia


A Xunta incluirá Monteferro e a Costa da Vela no parque nacional 

  • Ademais das zonas costeiras incluídas na Rede Natura, o obxectivo tamén é integrar as illas Estelas
  • Medio Ambiente iniciará os trámites cando asuma a xestión das Illas Atlánticas o día 1 de xullo

Dentro da prudencia coa que sempre hai que acoller estas informacións, pensamos que se trata dunha inmellorable noticia.

Incluír Monteferro no Parque das Illas Atlánticas é un vello soño que agora pode facerse realidade, dotando por fin ao monte dunha figura de protección que, neste caso, sería a de maior rango posible.

Na tarde de onte recibimos a chamada de Juan Hermida, Concelleiro de Medio Ambiente de Nigrán, para facernos saber esas esperanzadoras declaracións do director xeral de Conservación da Natureza, Xosé Benito Reza.

Agradecemos o detalle e tamén valoramos positivamente que a nosa proposta de dotar a Monteferro dunha figura de protección fose recollida por esa Concellaría de Nigrán, que inicialmente solicitou á Dirección Xeral de Conservación da Natureza a catalogación de todo o monte dentro da figura de paisaxe protexida.

O traballo deste colectivo ten suposto unha achega non pequena para acadar este fin. Por iso queremos enviarvos a todas e todos, compañeiras e compañeiros, unha forte aperta e moitos parabéns.

Salvemos Monteferro

Ler completa a noticia na Voz de Galicia