6.- TEIS


A construción do porto deportivo ilegal de Punta Lagoa constituíu a última agresión, ata agora, para unha zona xa moi castigada, danando gravemente ó derradeiro espazo natural que quedaba nunha longa franxa do litoral da Ría, entre Alcabre e a ponte de Rande: o parque municipal do Monte da Guía.



Manuel Fernández de Sousa, presidente de Pescanova, é o promotor deste porto deportivo sobre o que pesan varias ordes de paralización e outras dúas de derriba.


A empresa que tamén el preside, Astilleros y Construcciones Lagoa, recibiu en xuño de 2003 o beneplácito da Autoridade Portuaria de Vigo, malia a forte oposición veciñal encabezada pola Asociación de Veciños e a plataforma Voces polo Litoral de Teis.

Dispón de 350 prazas de atraque, 31.000 m2 de concesión portuaria en terra e aparcamento con capacidade para 300 vehículos. Cun espigón de 235 metros e un recheo de máis de 27.000 m2, ten concesión ata o ano 2033.



Usurparon e asfaltaron un cortalumes do parque como acceso ó porto deportivo



Praia da Lagoa

As obras en terra realizáronse sen licenza de ningún tipo e desoíndo varias ordes de paralización e outras dúas de derriba. Ademais, ante a imposibilidade de pasar o tráfico pesado polo angosto camiño que dá acceso á zona, os camións utilizaron para a construción do porto un cortalumes do monte da Guía, que segue a ser, agora asfaltado, usado como acceso.

O cortalumes ven coincidir case exactamente co trazado dun paseo marítimo peonil, proxectado dentro do Plan Especial de Protección do Monte da Guía (P.E.P. IV-14) que redactou e aprobou o Concello de Vigo no ano 2000.

Desde 2005 o Ministerio de Medio Ambiente ven consignando tres millóns de euros para a súa construción, sen poder executala debido a esta usurpación.




Tolerancia administrativa

O goberno municipal de Corina Porro non obrigou a executar un acordo plenario do 31 de xaneiro de 2005, no que se prohibía "calquera acceso rodado polo cortalumes", que só podería ser utilizado polos servizos municipais de mantemento e seguridade.

As obras ilegais realizadas en terra firme consisten na ampliación dunha nave de almacenamento de barcos, a construción doutra nave totalmente nova e o devandito asfaltado do cortalumes, ademais de outras instalacións menores de cafetería, xerencia e aseos que, por certo, verten directamente ó mar, sen emisarios nin depuración ningunha. E todo isto, sen licenza algunha do Concello, que asinou en dúas ocasións, o 18 de novembro de 2004 e o 13 de xaneiro de 2005, senllas ordes de derriba que Fernández de Sousa nunca executou.



Chantaxe e prevaricación



O Presidente de Pescanova non parece ter demasiados escrúpulos para recorrer a medios tan pouco éticos como a chantaxe cando se trata de defender os seus intereses.

Esta vez utilizou o Concurso Hípico Internacional, cuxo comité organizador tamén preside. En plena crise co Concello polo uso ilegal do cortalumes, Fernández de Sousa ameazou con deixar de organizar en Vigo a Copa do Mundo de Salto de Obstáculos por "falta de apoio institucional" e ofreceu o campionato ás autoridades da cidade portuguesa do Porto, que se amosaron moi interesadas.

Eran os días previos a que se debatese unha moción do BNG no Pleno municipal que instaba á alcaldesa a prohibir o acceso de camións cara ó porto deportivo polo cortalumes. A moción foi aprobada, pero pouco despois o camiño volveu abrirse. Ao día seguinte de franquearse o paso, o comité organizador confirmaba a celebración en Vigo do concurso hípico.



Denuncia do fiscal

Todas estas ilegalidades deron lugar a unha denuncia ante a fiscalía da Audiencia Provincial de Pontevedra por presunta comisión dun delito contra a ordenación do territorio e outro de prevaricación omisiva, pola "actitude tolerante das diversas administracións".

Pero o presidente de Pescanova seguiu adiante coa construción do porto, a cuxa inauguración asistiu, elegantísima como sempre, a alcaldesa de Vigo, Corina Porro.

A fiscalía imputou á empresa promotora un delito contra a ordenación do territorio "derivado da construción de naves en zona suxeita a réxime especial, sen atender á obtención das pertinentes licenzas e pese á súa paralización e orde de demolición". Esta denuncia, que data do 5 de setembro de 2005, quedou paralizada ata agora polo contencioso administrativo interposto polos responsables de Astilleros y Construcciones Lagoa.

Tamén o colectivo Voces polo Litoral de Teis ten interposto un contencioso contra esta empresa nun xulgado de Vigo por un delito contra a ordenación do territorio.



Degradación ambiental

A situación ambiental do litoral de Teis é o resultado dunha terrible degradación. As poucas praias que se conservan corresponden precisamente á faldra da Guía, única zona, desde Bouzas ata á linde co Concello de Redondela, onde podemos atopar algúns tramos de costa sen modificar pola acción humana.

Non podemos dicir o mesmo de Punta Lagoa. Tal e como aparece na carta náutica da Comisión Hidrográfica do ano 1910, había alí un arrecife de pedra que se coñecía como O Corno, actualmente desaparecido baixo un recheo sobre o que se asentan dúas empresas. Entre este arrecife e a terra firme había fondos areosos e rochosos que durante a baixamar formaban unha lagoa que lle daba nome a este punto xeográfico.

É tal o nivel de alteración que sufriu este lugar que nas cartas náuticas actuais, o punto que aparece como Punta Lagoa localízase na parte norte do recheo, cando no seu estado natural correspondía a un lugar da ladeira do Monte da Guía, unha praia cun potencial biolóxico altísimo.


Praia de Manquiña, da que o popular actor, natural de Teis, colleu o seu nome artístico.


Contaminación industrial

A instalación, a partir da década dos 60, dunha empresa de desmantelamento de buques, supuxo o inicio da grave situación ambiental na que hoxe se atopa. Desde esas datas a empresa alí instalada dedicouse a gañar terreo ao mar con restos da súa propia actividade e outros de distintas procedencias. A única xestión dos residuos altamente tóxicos que alí se produciron foi a incineración e o vertido ao mar, que deron como resultado un área onde se rexistran altísimos niveis de contaminantes de diferente natureza.

Esta situación de degradación ambiental, consentida desde a Autoridade Portuaria de Vigo, foi precisamente a utilizada, con total desvergonza, por este mesmo organismo para autorizar a construción do Porto Deportivo. Como se semellante actuación fose a resolver o problema: os contaminantes seguirán aloxados tanto nos sedimentos, como na flora e fauna betónica, constituíndo un foco de polución constante do medio mariño circundante, e en consecuencia, da rede trófica humana.



Destrución da biodiversidade

A pesar de todo isto, a zona conservaba ata hai ben pouco unha riqueza biolóxica notable.

O porto deportivo foi edificado sobre un riquísimo banco marisqueiro, agora destruído, especialmente produtivo en navalla e longueirón, pero tamén en berberechos e ameixas, afectando ó medio de vida de moitas familias que se axudaban do marisqueo.

A súa construción (recheo e dragado) alterou gravemente a hidrodinámica da ría, alteración que pode carrear para as zonas próximas as peores e máis inmediatas consecuencias.

Porque aínda que pareza imposible despois de tanta destrución, moi cerca de alí, no areal de Punta Areíño, e ata a costrución do porto deportivo, seguían abundando berberechos, ameixas e navallas.

Así mesmo, cabe destacar a presenza en toda a zona do cabaliño de mar (Hippocampus ramullosus) e da fanerogama Zoostera marina (que crea un ambiente óptimo no que atopan refuxio, alimentación e lugar adecuado para a cría numerosos animais) sendo tamén área de campa dunha manada de golfiños mulares (Tursiops truncatus).

Para nós, mal chamados sapiens, significa ademais de todo isto, unha grave destrución da paisaxe, a desaparición da praia da Lagoa e a imposibilidade de acceso dos cidadáns e cidadás ao litoral.


Tursiops truncatus



HEMEROTECA:

El muro que cierra la playa de A Punta desde los años 50 cae hoy
09/02/2001

Las playas de A Punta y A Lagoa estarán unidas por un paseo dentro de dos años
10/02/2001

Teis reivindica con una limpieza general la regeneración de sus playas en el Día del Medio Ambiente
06/06/2003

Vecinos de Teis piden al gobierno local que paralice el relleno de A Lagoa
17/06/2003

Baño colectivo en Teis en contra del proyecto de puerto deportivo
21/06/2003

El Puerto da vía libre al muelle de embarcaciones de recreo de Teis
28/06/2003

Teis se rebela contra el puerto deportivo de A Lagoa
29/06/2003

El alcalde visita hoy la playa de A Lagoa, junto a la que se proyecta un controvertido puerto deportivo
05/08/2003

Un cortafuegos convertido en pista para camiones
06/08/2003

Pérez Mariño visitó ayer las playas de A Guía a instancias de los vecinos
06/08/2003

Los vertidos provocan la disminución de los arenales
06/08/2003

«Tenemos que hacer cumplir las normas medioambientales»
17/08/2003

Fracasa la reunión entre Concello, vecinos y promotores del puerto deportivo de A Lagoa
27/08/2003

Los pantalanes de A Lagoa cuentan con la reprobación de las asociaciones ecologistas de Vigo
11/10/2003

Más de mil alegaciones piden la recuperación urgente de A Guía
15/04/2004

Vecinos de Teis se concentran hoy en el Concello para protestar por las obras en A Lagoa
23/08/04

Juzgan a cuatro vecinos de Teis que se oponen al puerto deportivo
09/12/2004

Termina la construcción del muelle exterior del puerto deportivo de Teis
12/12/2004

Os veciños de Teis esixen ó Concello o peche do cortalumes da Guía
16/01/2005

Cesión de terrenos para el futuro paseo marítimo de A Guía
01/02/2005

Lagoa proyecta un nuevo puerto deportivo de 210 amarres en Moaña
20/05/2005

El bum náutico agota 3.500 plazas en los puertos deportivos de la ría
08/07/2005

Vecinos de Teis piden al Concello que rehabilite el litoral de A Guía
13/07/2005

Urbanismo aprueba una moción sobre las obras de A Lagoa
30/09/2005

Peligro: cemento en la ría
25/04/2006

Caballero anuncia la creación de un paseo marítimo de 400 metros en Teis
04/01/2007

"Nos asombra que esté listo en tres meses"
04/01/2007

El PSOE reclama medidas para construir dos paseos marítimos
16/01/2007

Vecinos de Teis piden el cierre del cortafuegos de A Guía
24/01/2007

Un puerto deportivo ilegal bloquea en Vigo un paseo marítimo
19/03/2007





VOLVER Ó MAPA