Un novo proxecto de recheo e creación de naves industriais, ameaza con degradar aínda máis esta zona. A pesar de estar protexida pola Rede Natura 2000, sufriu e sofre permanentes agresións como as instalacións de Ferymag e a recente ampliación das naves frigoríficas de Vieirasa.
Por se fora pouco, a instalación da terminal dun oleoducto de biodiésel na zona do antigo cargadeiro de mineral tamén planea sobre o lugar, proxectando sobre el a sombra sinistra dos petroleiros.
O proxecto de “Infinita Renovables”:
¿Petroleiros na Ría de Vigo?
O proxecto da compañía Infinita Renovables para a construción dunha planta de biodiésel na Plataforma Loxística de Salvaterra aparece contemplado no Plan de Usos do Porto de Vigo, coa previsión de crear un oleoducto entre os dous puntos.
Trataríase de dúas conducións duns 30 centímetros de diámetro que unirían a fábrica de procesado de combustible co porto vigués. Unha delas serviría para transportar ata a planta os aceites que sexan descargados no porto, e a outra conducirá o biodiésel ata os barcos que exportarán o produto por Europa.
O planeamento inicial sitúa a terminal do oleoducto no antigo cargadeiro de mineral, o que abriría as portas do LIC (Lugar de Interese Comunitario da Rede Natura 2000) ós petroleiros.
O proxecto de “Tranvías Eléctricos de Vigo”:
|
Recheos e naves industriais
A empresa Tranvías Eléctricos de Vigo, S.A. presentou un proxecto para facer un recheo de 10.000 m2 en Rande-Cabanas, a carón da praia de Rande, e un pantalán de 6.000 m2 de superficie, 225 m de lonxitude e 100 m. de avance sobre o mar desde a liña de deslinde marítimo – terrestre, para atraque de buques de transporte.
Na finca da Granxa, quérense levantar naves que ocuparían un total de 9.000 m2 para a instalación de industria frigorífica, elaborados e transformación de peixe, almacenaxe, distribución e industrias auxiliares. Así mesmo, preténdese construír unha carreteira interior de enlace coa autopista e unha conexión ferroviaria para transporte en grandes camións e trens de mercadorías.
Convenio urbanístico e Autoridade Portuaria
O primeiro paso dado pola empresa foi conseguir un Convenio Urbanístico co Concello de Redondela, baixo a dirección do actual alcalde, para poder construír hasta un volume de 156.000 m3 nunha zona litoral e residencial.
Actualmente o proxecto atópase nun segundo paso. Para conseguir unha concesión por 30 anos para ocupar 16.000 m2 de zona pública e lámina de auga destinados a recheo e pantalán, está en trámite na Autoridade Portuaria onde o Alcalde de Redondela forma parte do Consello de Administración.
Proxecto ilegal
Por cinco razóns que enumeramos a seguir:
Oposición veciñal
Numerosos colectivos sociais e políticos amosaron o seu rexeitamento ao proxecto presentando alegacións ante a Autoridade Portuaria, como o BNG de Redondela, a Plataforma en Defensa da Enseada de San Simón e a Asociación de Veciños de Chapela, entre outros.
Nas súas alegacións estes colectivos reclaman ao Porto de Vigo que non permita a actuación "por non estar xustificada a situación desta industria no borde litoral" e por tratarse dunha obra "totalmente ilegal" ao afectar á zona Rede Natura 2000. Ademais tamén advirten do "importante impacto paisaxístico" nun espazo natural como a Ría de Vigo e denuncian a "falta dun estudo de impacto ambiental".
Consecuencias
Se este proxecto ilegal se levara a cabo produciranse consecuencias inmediatas, a curto e a longo prazo, como as seguintes: