PORTO DEPORTIVO DE MOAÑA


A ocupación de máis de 32.000 m2 de terreo público para un proxecto privado con ánimo de lucro




O proxecto do porto deportivo de Moaña, promovido polo club social Moaña-Mar, foi tramitado en decembro do 2003. Consistía na ocupación de 30.696 m2 de lámina de auga e dragaxe dunha superficie de 18.898 m2, para a construcción de 4 liñas de pantaláns flotantes con largos de 144, 180, 192 e 216 metros, e anchura de 2,5. Contaría ademais con barreira anti-oleaxe.

Cunha capacidade de 342 puntos de amarre para embarcacións de recreo, contemplaba tamén a instalación en terra de cafetería, vestiarios e capitanía, nunha edificación de 12x12 m sobre unha plataforma de formigón, máis os servizos de mariña seca, aparcadoiro e xardíns, abarcando unha superficie de 1430 m2.




En xaneiro do 2004 foi alegado o seu Estudio de Impacto Ambiental (EIA) polo Grupo Ecoloxista Luita Verde, pola asociación ADEPAN e por outras persoas a título individual, ata un total de 27 alegantes.

Fundamentalmente se argumentaba que o EIA omitía alternativas, baleirando de contido o mesmo, e presentaba varios erros e contradiccións que daban claras mostras da súa falta de rigor.

Non recollía o importante impacto que representa a actividade a desenrolar na mariña seca e no pañol, sobre todo ante unha reparación, limpeza ou pintado das embarcacións.

Tampouco se recollía nin se mencionaba a situación das obrigatorias instalacións receptoras das augas residuais provenientes dos depósitos ou tanques de almacenamento das embarcacións. Non contemplaba a afección do proxecto ao servizo público de transporte da ría, a ubicación do mesmo e a zona de manobra. Desvalorizaba os elementos do medio máis afectados, como o biotopo, as comunidades bentónicas e peláxicas, a paisaxe, os recursos pesqueiros e marisqueiros e a calidade das augas, a pesares de que as analíticas realizadas polos redactores do EIA indicaban que eran aptas tanto para o baño como para a cría de moluscos. Minimizaba os impactos máis graves, como os dragados, colocación dos pilotes, barreira antioleaxe e edificacións.

Antes de saír do Concello de Moaña, os orixinais das alegacións foron copiados e sustraídos ilícitamente do Portelo Úneco.

Membros de Luita Verde e outros alegantes foron acosados e ameazados nos seus postos de traballo, na rúa e en actos sociais, por persoas que dicían pertencer ó club promotor do porto deportivo.

En outubro do 2004 Portos de Galicia autorizou a construcción do porto deportivo, que se rematou no ano 2005.

En xaneiro do 2007 Moaña-Mar solicitou a ampliación de 30 puntos de amarre. Os prezos destas prazas incrementáronse notablemente pola “reventa”. Ó seu carón, se levou a cabo un dos últimos recheos para paseo a principios desta década e en plena fronte marítima.

Está conveniado levantar varios edificios, incluídas dúas torres de ata 12 alturas, na Finca do Real, e non moi lonxe, tamén está conveniado construír máis edificios na Finca de Concepción Arenal, en solo urbano non consolidado, zona verde e de interese patrimonial.

FARO DE VIGO, 04/12/2006 | A. Otero | VIGO

Cerca de la mitad de los barcos de recreo del Náutico y Bouzas apenas se utilizan


"HEMOS VISITADO BARCOS PORQUE NO ENCENDÍA EL MOTOR, Y ERA DE LA SUCIEDAD QUE TENÍA EL CASCO POR ESTAR PARADO"

El 10 por ciento de las embarcaciones deportivas amarradas en esos puertos nunca zarpan.

La náutica de recreo ha experimentado un auténtico boom en los últimos años. Cada vez se venden más embarcaciones y las academias viguesas forman al año a cientos de patrones. Sin embargo, el uso que luego hacen de sus propios buques es muy escaso. Hasta el punto de que de los más de 700 barcos amarrados en los principales puertos deportivos de Vigo, Real Club Náutico y Marítimo de Bouzas, el 10% nunca sale a navegar y el 30%, dos o tres veces al año y sólo en verano.

Son porcentajes aportados por los responsables de esos recintos, quienes coinciden en que para las fantásticas condiciones de la Ría de Vigo para la navegación deportiva su práctica es "minoritaria". En los pantalanes del Náutico hay unos 500 barcos, y basta recorrerlo a diario durante los meses de verano para concluir que "prácticamente, siempre salen a navegar los mismos". Ler máis




FARO DE VIGO, 08/12/2006

El caramuxo y otras caracolas cambian de sexo por la contaminación de las rías


Al menos cinco especies de caracolas marinas, entre ellas el caramuxo, están sufriendo cambios de sexo en las rías a causa de la contaminación. Varios estudios científicos, uno de ellos realizado por el departamento de Ecología de la Universidad de A Coruña, alertan de que compuestos como el tributilo de estaño (TBT), usado de forma masiva en las pinturas "antialgas" que se aplican en los cascos de los buques, provocan que las hembras de los gasterópodos desarrollen caracteres sexuales masculinos, lo que en la mayoría de los casos llega a provocar esterilidad.

Se le da el nombre de "imposex" [superimposición de caracteres masculinos en las hembras], y que en el 94% de los casos hay hembras esterilizadas debido a esta anomalía. El tributilo de estaño provoca que a las hembras les salga un pene microscópico y a veces hasta un principio de próstata que llega a taponar la vagina y provoca esterilidad.

Las investigaciones revelan que la mayor concentración de TBT se da sobre todo en las rías de Vigo, Ferrol y A Coruña, donde hay instalaciones portuarias importantes, pero los casos de "imposex" ya son comunes en toda la costa gallega, por lo que los científicos señalan a la presencia de embarcaciones de recreo y actividades relacionadas con la acuicultura como responsables. Ler máis





PECHAR FIESTRA