Cunha lonxitude duns 21 kilómetros, entre a saída da ponte de Rande e Aldán, é a “vía de penetración” cara á máis suculenta especulación urbanística:
A construcción de máis de 5.000 vivendas en Menduíña e montes de Aldán.
|
Vía rápida á especulación As empresas de Juan Lago, “Promalar” e “Tempo Libre e Lecer 2000”, asinaron hai un par de anos un convenio urbanístico co Concello de Cangas que lles permite a construcción de máis de cinco mil vivendas en Menduíña, en terreos que anteriormente pertencían aos herdeiros do conde de Aldán. Unha comisión veciñal desta parroquia canguesa, ten reclamada xudicialmente a propiedade comunal dos 2.870.100 metros cadrados en cuestión, porque sosteñen que o señor conde, alá polo escuro ano 1958, se apropiara deles indebidamente. Para ler máis sobre este tema:
|
Foi a última vía rápida construída na era Fraga-Cuíña, |
|
| Afectou a un total de 20 xacementos arqueolóxicos de grande relevancia e interese cultural. Nove deles, son gravados ou conxuntos rupestres catalogados e declarados Bens de Interese Cultural. |
O seu estudio de impacto ambiental, elaborado de “puro trámite”, entre “outras numerosas carencias” non contivo o preceptivo estudio de hidroloxía.
Dende a fase da súa construcción ata a actualidade, por mor dos bastos recheos feitos nos vales para salvar a complexa orografía, e por efecto da escorrentía das chuvias, baixaron toneladas de terras e áridos polos leitos de ríos e regatos ata as rías de Vigo e Pontevedra, impactando moi negativamente na calidade das augas e provocando mortaldade na fauna e a flora mariñas.
Se xuntaramos só o material empregado nos recheos, e o botaramos no estadio de Balaídos (30.000 m2, gradas incluídas), acadaría a altura dun edificio de 48 pisos. |
Riadas e inundacións
Na actualidade está a chegar moita máis cantidade de auga doce dos ríos e regatos ata o mar, afectando ó ecosistema mariño e á vida e desenrolo de moitas especies de fauna e flora, parte delas de gran interese socio-económico pola pesca e o marisqueo. Desde a construcción do vial, a producción de ameixa descendeu un 50%.
Este problema ven provocado pola gran cantidade de augas pluviais que a vía rápida, dende o seu pavimento asfaltado e impermeable, envía a traveso das numerosas canalizacións cementadas ata os ríos e regatos.
As augas, que antes se filtraban nas capas freáticas permeables do solo, van agora transportadas superficialmente, en moita máis cantidade, dende os leitos ata ás rías, sendo a causa principal das graves inundacións deste outono, nunca antes padecidas na comarca.
A esto hai que engadir o contido disolvido na auga de aceites, restos de hidrocarburos e metais pesados, procedentes do pavimento asfaltado, e transportados polas riadas.
O atasco
O corredor do Morrazo promove a utilización abusiva do automóbil privado, sendo esta unha das principais causas de emisións de CO2 e outros gases de efecto invernadoiro á atmosfera. Está ideada como corredor de alta capacidade, para ser incrementada en autovía de catro carrís no futuro, como xa está sucedendo noutras construídas anteriormente nas comarcas do Barbanza ou do Salnés. Estas non solucionan o problema do tráfico rodado, senón que o agravan, atraendo máis vehículos e provocando colapsos polo efecto funil derivado de concentrar máis tráfico nas estradas menores das vilas e pobos.
|
|
|
|
||
|
Para saír do atasco
A Plataforma Anti Vía Rápida do Morrazo, desde a súa espléndida páxina web, predixo hai tempo con profética exactitude todas e cada unha destas desfeitas.
Especialmente recomendable visitar a súa sección “Sae do atasco.” Podes entrar por aquí e ir seguindo logo a frecha
E por se fora pouco, a Confederación de Empresarios de Pontevedra, co seu presidente José Manuel Fernández Alvariño á fronte, promove a construcción dunha segunda ponte de formigón sobre a ría, dende Alcabre en Vigo ata Punta Balea en Cangas, cunha lonxitude de case dous kilómetros e 50 metros de altura, de enorme impacto na boca da ría de Vigo, para a entrada de máis tráfico rodado. Preto de Punta Balea está especulada a construcción da urbanización e porto deportivo de Massó, no Salgueirón. (ver o punto 14, Cangas)
|